CULTURA
A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, explicou a razón de ter convocado un concurso para o deseño do cartel: "é unha maneira de darlle entrada no mercado a artistas e deseñadores que non teñen outro xeito de facelo". O premio está dotado con 600 euros e o cartel gañador será a imaxe para o Festival durante todo o 2011.
Tim Redford, director de Curtocircuíto, definiu o cartel gañador como "moi simple, pero con moita forza, e rompe a imaxe oficial do Festival". Pola súa banda, o autor explicou a súa proposta como "un trampolín para os que participan no Festival, porque pode supoñer un salto na súa carreira, e tamén o traxe de superheroe ten o sentido de que todos os que fan curtas son en certo xeito heroes, porque loitan por sacar adiante un proxecto polo que en principio non van gañar nada".
Uxío Broullón (Cangas, 1971) é ilustrador e deseñador gráfico. Estudou na Escuela de Arte nº 10 de Madrid, e fixo numerosos carteis e ilustracións para distintos proxectos. Traballou en Acordar e Vieiros e publica viñetas no blog Homedareia.
A oitava edición de Curtocircuíto -Festival Internacional de Curtametraxes- terá lugar do 6 ao 15 de maio de 2011.
Uxío Broullón gaña o concurso de carteis para Curtocircuíto 2011
29/12/2010 O concurso de carteis da imaxe de 2011 para o Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, que convocou a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, xa ten vencedor. O xurado, composto por membros do Auditorio de Galicia e do equipo do Festival, premiou o traballo feito polo deseñador e ilustrador Uxío Broullón.
O xurado valorou "o gran nivel das obras presentadas", tanto de profesionais do medio de recoñecido prestixio como dos afeccionados que se animaron a participar, cun resultado "abraiante" para tratarse da primeira edición. Foron un total de 83 propostas enviadas por 56 participantes (35 galegos, 18 do resto de España e 3 procedentes doutros países).A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, explicou a razón de ter convocado un concurso para o deseño do cartel: "é unha maneira de darlle entrada no mercado a artistas e deseñadores que non teñen outro xeito de facelo". O premio está dotado con 600 euros e o cartel gañador será a imaxe para o Festival durante todo o 2011.