EIXO ATLÁNTICO

Bugallo presidirá a xuntanza da Fundación Galicia Norte de Portugal

27/01/2006 Na súa condición de Presidente do Eixo Atlántico o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, presidirá o luns 30 de xaneiro a xuntanza do Padroado da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.

O padroado da Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER) manterá na Casa de Europa unha xuntanza na que está prevista a asistencia das tres universidades galegas, as universidades portuguesas de Porto, de Minho e de Tras os Montes e do Alto Douro, así como de representantes do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e da Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal.

A xuntanza abordará o balance económico, o programa de actividades e o orzamento para 2006 e a ratificación ou alteración, segundo proceda, dos órganos de goberno do padroado e entre os que figuran a presidencia, o Consello Científico, a Secretaria Xeral e o Consello de Dirección.

A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal ten por obxectivo fundamental impulsar a cooperación académica entre as seis universidades públicas de Galicia e do Norte de Portugal, así como destas coas institucións políticas e cos actores locais a través do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular e da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, todos estas institucións intergrantes da Fundación.

Partindo deste marco, preténdese promover a complementariedade e a sinerxia en materia de formación e investigación de excelencia que poida levar á creación de redes estables de profesores e investigadores universitarios especializados en temas de interese estratéxico para o desenvolvemento económico e social transfronterizo.

Compartir: