VIVENDA
O novo Plan de Vivenda, que ofrecerá axudas de ata 24.900 euros para a adquisición da primeira vivenda a mozos menores de 35 anos, será aprobado polo Consello da Xunta na tarde do xoves 26 de xaneiro.
Os pisos da urbanización de promoción pública de Belvís estarán destinados ao alugueiro para persoas menores de 35 anos, segundo explicou Teresa Táboas. As vivendas, deseñadas polo arquitecto César Portela, e que contan cun investimento de 4,6 millóns de euros, constan de dous, tres ou catro dormitorios, e prevese que estean rematadas en xuño.
Visita ás vivendas de protección pública de Belvís
26/01/2006 O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitaron o piso piloto da urbanización de promoción pública que se está a construír en Belvís.
Con motivo da próxima aprobación do Plan Galego de Vivenda, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou o xoves 26 de xaneiro ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, á urbanización de vivendas de promoción pública que se están a construír en Belvís.O novo Plan de Vivenda, que ofrecerá axudas de ata 24.900 euros para a adquisición da primeira vivenda a mozos menores de 35 anos, será aprobado polo Consello da Xunta na tarde do xoves 26 de xaneiro.