ALCALDÍA

A XXXIII Carreira Pedestre reuniu máis de 4.000 participantes nas rúas compostelás

31/10/2010 O atleta eritreo Goitom Kifle impúxose na XXXIII Carreira Pedestre Popular, que un ano máis encheu de corredores e público as rúas compostelás. O deportista africano logrou un tempo de 35 minutos e 33 segundos. A gañadora na categoría feminina foi a kenyana Winnie Jepkemoi.

A XXX Carreira Pedestre Popular contou coa participación de 4.390 atletas. O clima non acompañou e endureceu unha carreira que, un ano máis, foi dominada polos corredores africanos.

Tras a entrega de premios, na que participou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a organización e os patrocinadores da Carreira foron recibidos en Raxoi.

Compartir: