ALCALDÍA
O alcalde comprometérase a render esta homenaxe aos tres gardas civís antes de rematar o seu mandato. A asignación destes tres nomes de rúas foi acordada polo Pleno o 31 de xullo de 2008.
Nova rúa en Pontepedriña en recordo do garda civil Manuel Vázquez Cacharrón
30/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a nova rúa que recordará a figura do garda civil Manuel Vázquez Cacharrón. O vieiro está no SUP-7 de Pontepedriña, un polígono de vivendas que se inaugurará o 13 de novembro.
Manuel Vázquez Cacharrón é o primeiro dos gardas civís asasinados polo GRAPO en Compostela que conta xa cunha rúa. Tamén se lles buscará rúas a Pedro Cabezas González e a Constantino Limia Nogueira, asasinados por esta mesma organización terrorista no atraco ao antigo Banco de España en 1989.O alcalde comprometérase a render esta homenaxe aos tres gardas civís antes de rematar o seu mandato. A asignación destes tres nomes de rúas foi acordada polo Pleno o 31 de xullo de 2008.