ALCALDÍA

A Policía Local incorpora novas salas de pantallas e de emerxencias

29/10/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a nova sala de pantallas da Policía Local, na que se investiron 174.000 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEESL 2010). Tamén puido observar a nova sala de reunións e emerxencias.

Esta actuación súmase a outras recentes, como a instalación de dous novos paneis DXT, outros oito matrices en vertical e catro novas cámaras, nas que se investiron uns 900.000 euros. Ademais, e tamén no marco dos FEESL, a finais de ano estará en funcionamento un novo sistema de control de accesos ao Casco Histórico (190.000 euros).

Coas últimas cámaras incorporadas xa son 23 as cámaras de tráfico (e 17 de videovixilancia) coas que conta o Departamento e cuxas imaxes serán seguidas dende a nova sala de pantallas. As 5 novas cámaras de tráfico están ubicadas en Xoán XXIII, Rotonda do Avío, avenida Torrente Ballester-avenida de Lugo, rotonda do Castiñeiriño e Hospital Clínico.

En canto á nova sala de reunións e emerxencias, esta foi financiada a través dunha mellora no contrato de mantemento da rede semafórica e de control de accesos, adxudicado á UTE Telvent – Daviña.

Estas dúas novas salas consolidan a aposta da Concellería de Mobilidade e Seguridade polas novas tecnoloxías para o control da circulación e da mobilidade na cidade.

Compartir: