CULTURA
O palmarés de Cannes ao completo
Na sección oficial da mostra competirán desta volta cineastas tan prestixiosos como Claire Denis, Susanne Bier, Abbas Kiarostami, Xavier Beauvois, Goran Pasjalkevic ou Gaspar Noé. A programación de Cineuropa reunirá, ademáis, nesta XXIV edición, o palmarés do festival de Cannes deste ano practicamente completo coa programación da película que gañou a Palma de Ouro (O tío Boonmee lembra as súas vidas pasadas), o Gran Premio do Xurado (Of God and men), o Premio ao Mellor Director (Mathieu Amalric por "Tournée"), o Premio ao Mellor Guión (Poetry, de Lee Chang-Dong) e a mellor interpretación femenina, a de Juliette Binoche en Copia certificada, de Abbas Kiarostami.
O mellor dos festivais do mundo
Á lista de películas premiadas que se verán en Cineuropa cómpre engadir Bal, Oso de Ouro en Berlín; Elisa K, Gran Premio do Xurado en San Sebastián; La mosquitera, Gran Premio en Karlovy Vary; Life during wartime, mellor guión en Venecia, e We are the night, Gran Premio do Xurado en Sitges. Igualmente, a través das súas recentes incursións no cinema documental de autor, Cineuropa exhibirá obras de José Luis Guerín (Guest), Isaki Lacuesta (La noche que no acaba) ou Carles Bosch quen, en Bicicleta, cullera, poma dá protagonismo á loita de Pascual Maragall contra o alzheimer. Esa oportunidade de achegar ao público galego o mellor de cada un dos festivais internacionais da temporada redunda no espírito co que naceu Cineuropa e así o confirma a presenza neste festival, non só da práctica totalidade dos triunfadores en Cannes, senón tamén dos premios do Festival de San Sebastián ou de Berlín, entre outros.
Homenaxe a Miñarro
Como sempre, Cineuropa tampouco esquece ás últimas producións dos cinemas español e galego dos que ofrece unha ampla selección. Deste xeito, a programación desta edición dedicará un "Focus-Retrospectiva 2010" ao cine avalado por Luis Miñarro, o produtor máis libre do cine español, e do que se proxectarán no festival as películas que se fixeron este ano coa Palma de Ouro en Cannes (O tío Boonmee lembra as súas vidas pasadas), o Gran Premio en Karlovy Vary (A mosquiteira) e o Premio a Mellor Fotografía en San Sebastián (Aita). Ademais, Miñarro é o produtor da máis recente película de Manoel de Oliveira, O estranho caso de Angelica, que igualmente se poderán ver nesta XXIV edición.
Mostra do novo cinema galego
A sección "En Galicia" é unha aposta pola autoría entendida como liberación dos canons e pola que Cineuropa xa optou con claridade na súa anterior edición. Este ano, a busca dese cine de ruptura dentro do panorama audiovisual galego é máis extensa e reuníronse as obras dun total de 26 autores con perspectiva de presente e de rabioso futuro.
Jean Luz Godard, a estrela de "Cinefilias"
Mostra dos malos tempos que vive o cine e o seu proceso de exhibición son as dificultades que está a atopar para ver a luz a máis recente película do consagrado Jean Luc Godard e estreada este ano en Cannes. A película Filme, socialisme é a estrela da sección "Cinefilias", na que tamén se proxectará Ne change rien, o filme máis recente doutro cineasta irredento, o portugués Pedro Costa.
Cine fantástico en "Fantastique Compostela"
Por outra banda, a sección "Fantastique Compostela", que aglutina o xénero do cinema fantástico e de terror, chega nesta edición cunha selección de títulos que teñen acaparado os premios máis relevantes nos festivais do xénero. Ás xa citadas Secuestrados e O tío Boonmee lembra as súas vidas pasadas, hai que engadir tres títulos que veñen de gañar premio en Sitges: a vampírica We are the night, nova obra do autor de A onda, Dennis Gansel; e as norteamericanas The last exorcism e Monsters, merecedoras dos galardóns ao mellor actor e mellores efectos especiais, respectivamente, no festival catalán. Esta sección de cinema fantástico complétase co rescate dun filme xa de culto e non estreado comercialmente no noso país, Martyrs.
Actividades paralelas
De xeito complementario á propia mostra cinematográfica, Cineuropa organizará outras actividades complementarias como os "Encontros co público". Para estes coloquios está confirmada xa a presenza de dous directores españois: Jonás Trueba, que presentará en Santiago a súa ópera prima Todas las canciones hablan de mí, e Manuel Martín Cuenca, quen con La mitad de Óscar foi moi aplaudido no festival de Toronto. Tamén participarán nestes encontros cos cinéfilos moitos dos realizadores galegos presentes na sección "En Galicia" e o produtor independente Luis Miñarro, a quen este ano se dedica a retrospectiva "Focus-Retrospectiva 2010".
O tradicional e agardado maratón de cine celebrarase desde a última hora do sábado 27 de novembro ata a mañá do domingo, que nesta ocasión baixo o título "Skalofríos" dedicarase integramente ao cine de terror e promete ser o máis longo das XXIV edicións de Cineuropa. O día 21 de novembro haberá ademais un concerto, en colaboración coa Sala Nasa, no que actuarán o grupo vigués Transilvanians, coa súa peculiar proposta de horror-reggae, e The Skatalites, o máis recoñecido grupo xamaicano de reggae. En Cineuropa realizaranse tamén, unha vez por semana, obradoiros de iniciación ao cine e proxeccións infantís, dirixidas aos nenos e nenas e, xa que logo, aos futuros espectadores do festival.
A película "Neds", Concha de Ouro en San Sebastián, abrirá a XXIV edición de Cineuropa o 10 de novembro
29/10/2010 Neds, a película do director británico Peter Mullan que hai unhas semanas se erixiu en gañadora absoluta do Festival de San Sebastián coa obtención da Concha de Ouro e o premio ao mellor actor, será a película inaugural da XXIV edición de Cineuropa. O Festival Internacional, organizado pola Concellería de Cultura, comezará o 10 de novembro e prolongarase ata o 3 de decembro.
A programación de Cineuropa, que dirixe José Luis Losa, superará este ano os 130 títulos e consolida a súa aposta polo cinema de calidade e comprometido. O Festival ofrecerá ademais da Sección Oficial, que se centra no mellor cinema europeo do ano, unha selecta escolma das producións máis interesantes do panorama internacional. Tamén os creadores galegos atoparán un escaparate no que mostrar o seu traballo. Así, o filme de Miguel Ángel Vivas Secuestrados, unha produción galega que acaba de gañar o prestixioso festival de cine de Austin (Texas, E.U.A.) e que causou un forte impacto na súa recente participación Festival de Sitges, será o encargado de pechar este ano Cineuropa. As películas proxectaranse en cinco salas da cidade das que o Teatro Principal seguirá a ser o seu espazo de referencia.O palmarés de Cannes ao completo