BENESTAR SOCIAL
Realizaras un curso de alfabetización de Nivel I e outro de Nivel II. O primeiro está destinado a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais. O seu obxectivo é dotalas de coñecementos, destrezas, habilidades e técnicas imprescindibles que lles faciliten a súa promoción persoal, social e laboral. O segundo xa vai dirixido a persoas que manexan destrezas básicas, pero quen non acadan os coñecementos mínimos para obter o Graduado ESO.
Por outra parte, a Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) inicia dous cursos de galego e dous de español, dirixidos a persoas retornadas e inmigrantes, que comezarán tamén o vindeiro 2 de novembro. Estes cursos pretenden favorecer a aprendizaxe das linguas oficiais por parte dos inmigrantes e retornados, xa que a lingua é o principal instrumento conductor e unha ferramenta imprescindible para facilitar a súa integración na nosa cidade.
Os cursos serán de carácter presencial, cunha duración de 40 horas lectivas cada un deles, e impartiranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (rúa Virxe de Fátima s/n) e na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María nº 6, zona de Salgueiriños). Cada curso terá unha duración diaria de dúas horas e haberá a posibilidade de escoller entre o turno de maña e o de tarde.
Máis información:
Casa das Asociacións de Benestar Social
Rúa Manuel María nº 6 (zona Salgueiriños)
Tfnos.: 981 54 24 71/ 981 54 24 65
Unidade de Atención ás Migracións (UAMI)
Área de Benestar Social
Rúa Isaac Díaz Pardo 2-4
Tfno.: 981 54 24 95
Novos cursos de alfabetización para adultos e de español e galego para inmigrantes e retornados
29/10/2010 Ante a boa acollida do anterior Programa de Alfabetización e Educación Básica de Persoas Adultas, polo que pasaron máis de 60 alumnos e alumnas, a Concellería de Benestar Social e Igualdade amplía o mesmo con dous novos cursos. Por outra parte, a Unidade de Atención ás Migracións (UAMI), inicia novos cursos de español e de galego para inmigrantes.
O Programa de Alfabetización e Educación Básica de Persoas Adultas pretende mellorar as posibilidades de inserción laboral de determinados grupos de poboación. Os cursos comezarán o martes 2 de novembro e impartiranse, dous días á semana e en horario de mañá, na Casa das Asociacións de Benestar Social.Realizaras un curso de alfabetización de Nivel I e outro de Nivel II. O primeiro está destinado a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais. O seu obxectivo é dotalas de coñecementos, destrezas, habilidades e técnicas imprescindibles que lles faciliten a súa promoción persoal, social e laboral. O segundo xa vai dirixido a persoas que manexan destrezas básicas, pero quen non acadan os coñecementos mínimos para obter o Graduado ESO.