PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Os peruanos de Santiago celebran o Día da Canción Criolla na Casa das Asociacións

29/10/2010 A concelleira de Participación Cidadá, Guadalupe Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Peruanos de Santiago, Estrella Zarate, presentaron a festa que o sábado 30 se celebrará na Casa das Asociacións de Cornes. As actividades comezarán ás 16:30 horas

Esta festa, dedicada á canción criolla, contará con diversas actividades, coma un buffet con pratos típicos peruanos, bailes e música. Varios cantantes peruanos estarán na Casa das Asociacións para interpretar esta música, tocada basicamente cunha guitarra e cun caixón.

Guadalupe Rodríguez destacou a importancia deste tipo de festas para fomentar a integración da comunidade inmigrante en Compostela e como instrumento para coñecer máis polo miúdo as culturas de países coma Perú, cunha importante colonia na cidade. Así o referendou Éstrella Zárate, quen convidou a todos os peruanos residentes en Santiago e a todos os cidadáns en xeral a participar nesta festa, que no país andino se celebra cada 31 de outubro.

A Concellería de Participación ten entre os seus obxectivos, segundo recordou a Concelleira, facilitar ao tecido asociativo de Compostela espazos na Casa das Asociacións nos que desenvolver as súas actividades. Neste marco, expresou o seu apoio a esta iniciativa.

Compartir: