TURISMO
Para corroboralo, Candela presentou as cifras anuais referentes a consultas turísticas, accesos á web santiagoturismo.com, tráfico aéreo no aeroporto de Lavacolla, chegada de vehículos á dársena de Xoán XXIII, ocupación media hoteleira e crecemento da infraestrutura de aloxamentos.
Crece a presenza de visitantes internacionais
Con 228.467 consultas atendidas en 2005, as oficinas municipais de turismo superaron nun 20% a actividade de 2003, cando se rexistraron 190.327 solicitudes.
Ás cifras de 2005 deben aínda engadirse as 32.402 consultas atendidas polos ‘chaquetas vermellas’ durante o verán nas rúas e prazas do casco histórico, coas que a estatística final do ano chega ás 260.869 consultas presenciais satisfeitas.
O 55,4% das consultas recibidas por Turismo de Santiago foron de visitantes españois, o 37,9% de estranxeiros e un 6,8% de composteláns. En relación co 2003, as consultas dos nacionais medraron un 21,4% e un 28,4% as dos visitantes internacionais.
Esta proporción de visitantes estranxeiros é superior tamén á rexistrada en 2004. En efecto, se o ano pasado representaban 4 de cada 10 consultas (37,9%), no Ano Santo eran 3 de cada 10 (29,6%).
As comunidades que máis consultas presentaron nas oficinas de información foron Madrid (15,5%), Cataluña (11,8%), Andalucía (9%), Galiza (8,6%), Valencia (6.8%) e Castela-León (6,6%). Dos visitantes foráneos, encabeza o cadro Alemaña (13,2%), case empatada co Reino Unido (13%); logo Francia (12.3%), Italia (10,9%), Portugal (10%), Arxentina (5.6%), EE.UU. (5,1) e Canadá (1,8%).
Páxina web
A páxina www.santiagoturismo.com rexistrou en 2005 426.976 accesos e 4.93.479 consultas en total, un 103% máis que en 2003 (209.958 accesos). No último trimestre de 2005, as visitas á web superaron incluso aos meses equivalentes do ano Santo 2004.
O castelán foi o idioma en que se efectuaron máis entradas (58,9%), seguido polo galego (21,9%) e o inglés (19,2%). En relación co 2004, nótase un incremento de 6 puntos nos accesos en inglés.
Chegada de autobuses e tráfico aéreo
A Dársena de Xoán XXIII, con 10.478 autobuses recibidos en 2005, superou nun 81,1% a cifra rexistrada en 2003 de 5.786, pero non a do Ano Santo 2004, cando chegaron 19.978 vehículos.
Pola súa parte, o aeroporto de Lavacolla contabilizou en 2005 máis de 1.840.000 pasaxeiros fronte aos 1.580.000 do Ano Santo, o que estabelece o seu crecemento nun 16,5% entre 2004 e 2005.
Esta cifra engádese ás rexistradas desde 2003, ano desde o cal o aeroporto compostelán gañou 600 mil novos viaxeiros.
Os meses de 2005 con maiores incrementos sobre 2004 foron marzo (30,2% de crecemento) e novembro (+26,3%), que superaron actividade dos meses de verán (xullo, +22%; agosto, +20,2% e setembro, +22,1%).
A ocupación hoteleira
As estatísticas subministradas pola Asociación de Hostalería arroxan unha media anual de ocupación hoteleira do 50,76% para 2005.
Para poder efectuar comparacións con 2003, cando a Asociación de Hostalería só recollía cifras de hoteis de 3, 4 e 5 estrelas, é necesario calcular a media destas categorías para 2005, excluíndo os estabelecementos de 1 e 2 estrelas. Así, obtense unha media de 52,5% en 2005, que supera á de 2003 (51,2%) malia o crecemento do número de prazas hoteleiras.
En efecto, os hoteis da cidade pasaron de ter 2.773 prazas en 2003 a 3.900 en 2005. A diferencia de preto de 1.100 prazas supón un crecemento do 40% na infraestrutura, que foi adecuadamente cuberto pola presenza turística para rematar cun balance de punto e medio a favor de 2005.
Segundo Candela, o índice de ocupación media compostelán en 2005 pode considerarse bo, por canto supera ao de importantes destinos turísticos como Sevilla, Santander, Salamanca, Alicante, Sitges ou Cáceres.
Perspectivas para o 2006
Segundo o concelleiro Candela, 2006 será ‘outro bo ano turístico para Compostela, superior a 2005, con mellores índices de ocupación media e maior número de pernoctacións’.
Para chegar a esta conclusión citou datos do G-10 e da organización Mundial do Turismo, como a favorábel evolución do entorno económico e político nacional e internacional, que permite estimar un crecemento do 4,3% para a economía mundial, e un 3,2% para a economía española.
Neste sentido, e dada a íntima relación entre esa evolución e o gasto turístico, pode preverse un crecemento do 5% para o turismo mundial, e do 3 ou 4% para o turismo europeo.
‘A isto hai que engadir que o turismo cultural e o segmento de cidades Patrimonio da Humanidade continúan en fase expansiva; que Santiago ten unha excelente imaxe internacional e que se veñen ampliando a accesibilidade da cidade e mellorando a capacidade organizativa do sector’, apuntou Candela.
Finalmente, sinalou que a taxa de crecemento do aeroporto en 2006 será maior do 10%, co que Lavacolla superará a barreira dos 2 millóns de viaxeiros, deixando atrás as previsións de AENA, que estimaban 1.920.000 viaxeiros para 2010.
O ano turístico 2005 superou a 2003 e cumpriu as expectativas municipais
11/01/2005 O forte crecemento do aeroporto de Lavacolla sobre 2004; o aumento das consultas turísticas, con particular auxe da presenza estranxeira; a chegada de máis autobuses á dársena de Xoán XXIII e o crecemento de máis dun punto na ocupación hoteleira sobre 2003, son datos que avalan a afirmación de que o 2005 satisfixo as expectativas municipais para o sector.
De acordo cos datos presentados polo concelleiro de Turismo compostelán, Francisco Candela, ‘en 2005 cumpríronse as expectativas e previsións sobre o bo comportamento turístico deste ano, que supera en cifras ao 2003, e especialmente sobre o ritmo de crecemento do aeroporto compostelán, que foi capaz de aumentar nun 16,5% a actividade do Ano Santo 2004’.Para corroboralo, Candela presentou as cifras anuais referentes a consultas turísticas, accesos á web santiagoturismo.com, tráfico aéreo no aeroporto de Lavacolla, chegada de vehículos á dársena de Xoán XXIII, ocupación media hoteleira e crecemento da infraestrutura de aloxamentos.