CULTURA

Imaxes contra o esquecemento

10/01/2005 Do 9 ao 15 de xaneiro no Teatro Principal, o ciclo de cine "Imaxes contra o esquecemento", organizado pola Concellaría de Cultura de Santiago e Amnistía Internacional en colaboración coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, tentará lembrar e reivindicar a memoria de todas aquelas persoas que sufriron a represión franquista, durante e despois do levantamento militar.

Logo dun indesexábel período de tempo no que se impuxo o pacto de silencio da transición vivimos agora un agromar de iniciativas sociais e políticas que reclaman o recoñecemento de miles de homes e mulleres perseguidos e asasinados nesa ditadura.

En Compostela, 2005 foi oficialmente o Ano de Ánxel Casal en homenaxe ao alcalde republicano e nacionalista asasinado polos franquistas. En 2006 e por iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta conmemórase o Ano da Memoria. "Imaxes contra o esquecemento" é unha achega máis coa que levantar a lousa de silencio imposta para este período da nosa historia e facer xustiza con todas as persoas que sufriron por defender valores que hoxe en día están plenamente recoñecidos.

Compartir: