SEGURIDADE CIDADÁ

A folga xeral desenvolveuse sen incidentes graves na cidade

29/09/2010 A Concellería de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá informa que con carácter xeral non se produciron incidentes graves no desenvolvemento da folga durante a madrugada e ata as 12.00 da mañá de hoxe, coa salvedade da queima de contedores do lixo.

O resto das incidencias foron de menor gravidade como o bloqueo de pechaduras nalgunhas oficinas e comercios, e cortes de tráfico a primeira hora da mañá que polo xeral se solventaron coa maior brevidade posible salvo na área empresarial do Tambre.

Compartir: