CULTURA
Haberá seis concertos da Real Filharmonía de Galicia e oito sesións da Banda Municipal de Música, ademais doustros estilos musicais, como Odaiko Percussion Group ou Son+D2, un trío acústico que mestura música tradicional e experimental; ademais dun conto musical desenvolvido polo profesorado do Conservatorio Profesional. A maiores Sarabela Teatro ofrece o espectáculo ‘A esmorga’, de Blanco Amor, dirixido por Ánxeles Cuña; e logo do éxito do ano pasado repite a ópera ‘A cincenta’ de Rossini, interpretada pola Compañía Comediants, producida polo Gran Teatre de Liceu e financiado pola Obra Social de La Caixa.
Ademais, o Servizo Pedagóxico do Auditorio ofrece aos centros educativos visitas guiadas ás exposicións do Auditorio e da Zona C para contribuir á difusión das mostras de carácter artístico, previa reserva nos teléfonos 981 574152/3. Tamén terán lugar outros programas pedagóxicos relacionados con actividades da Concellaría como a exposición ‘A Cidade Interpretada’ (outubro-decembro), Cineuropa (novembro), Curtocircuíto (maio) e Compostela Máxica (maio-xuño). Poden participar nenos e nenas desde Primaria até o Bacharelato. Os colexios composteláns e da comarca -que teñen prioridade-, así como do resto do país, xa poden solicitar a participación neste programa. Poden atopar as instrucións e a programación completa na web do Auditorio de Galicia (apartado Didáctico) e na de CompostelaCultura.org.
Completa programación didáctica da Concellaría de Cultura, con música clásica, percusión, ópera e teatro
28/09/2010 A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron hoxe o novo programa didáctico da temporada 2010-2011, que inclúe actuacións para nenos e mozos desde outubro a maio, desde música clásica a teatro, pasando pola ópera e a percusión. Segundo a tenente alcalde, trátase dunha oferta de "grande interese para boa parte do profesorado e do alumnado".
Paulo Rodríguez salientou o grande éxito deste programa cuxo obxectivo é "a creación de públicos para a cultura desde a infancia". Máis de 14.000 espectadores o ano pasado, todas as prazas cubertas e sempre con listas de espera avalan a traxectoria dunha programación que xa está consolidada no panorama educativo galego. Ademais, sinalou, "isto non consiste só en que os alumnos vaian a un concerto, senón que hai un traballo didáctico detrás: antes e despois das actuacións, con material didáctico para que os centros traballen cos nenos". As actuacións correrán a cargo da Banda Municipal de Santiago, Odaiko Percussion Group, Sarabela Teatro, Real Filharmonía de Galicia, profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Santiago, Son+D2 e Compañía Comediants.Haberá seis concertos da Real Filharmonía de Galicia e oito sesións da Banda Municipal de Música, ademais doustros estilos musicais, como Odaiko Percussion Group ou Son+D2, un trío acústico que mestura música tradicional e experimental; ademais dun conto musical desenvolvido polo profesorado do Conservatorio Profesional. A maiores Sarabela Teatro ofrece o espectáculo ‘A esmorga’, de Blanco Amor, dirixido por Ánxeles Cuña; e logo do éxito do ano pasado repite a ópera ‘A cincenta’ de Rossini, interpretada pola Compañía Comediants, producida polo Gran Teatre de Liceu e financiado pola Obra Social de La Caixa.