ALCALDÍA
O pasado ano o Delegado Rexio foi o ex – Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne. No 2003, e por primeira vez no caso da Traslación, o propio Rei Juan Carlos realizou en persoa a Ofrenda.
A cerimonia da Translación celébrase anualmente o 30 de decembro en recordo do translado dos restos do Apóstolo Santiago desde o porto de Jaffa, en Xerusalén, ata as costas galegas, onde foron desembarcados no peirao de Iria Flavia, en Padrón. Segundo a tradición a Raíña Lupa, soberana das terras, enviou tropas en persecución da comitiva apostólica que foi salvada por un milagre que afogou ós perseguidores nas augas do río Tambre.
A Raíña Lupa quedou tan abraiada por este feito que ofreceu a súa axuda aos discípulos para que puideran soterrar os restos do Apóstolo. Os restos son transladados nun carro tirado por bois que ao azar buscan o lugar para o reposo do fillo de Zebedeo. Tras deterse, sempre segundo conta a lenda, na fonte da actual Rúa do Franco, os bois continúan o seu camiño ata quedar inmóbiles no lugar que desde aquela se denomina "Libredón" ("Liberum domum", regalo libre) onde é soterrado e pasa ó esquecemento o Apóstolo ata o seu posterior descubrimento no ano 813 por un eremita.
O rei Alfonso VI realizou no ano 1109 a primeira ofrenda da Translación, entregando unha ducia de talentos de ouro e outra de marcos de prata. En 1642, baixo o reinado de Felipe IV esta cerimonia institucionalizase con carácter definitivo. Desde entón actúa como oferente o Rei ou un delegado rexio.
Actos da Traslación dos restos do Apóstolo Santiago
29/12/2005 A Catedral acollerá o 30 de decembro os tradicionais actos da Traslación do Apóstolo Santiago tendo nesta ocasión como Delegado Rexio ao xefe da Casa Real, Alberto Aza Arias.
Na cerimonia participarán o Presidente da Xunta , Emilio Pérez Touriño; a Presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras e o alcalde de Santiago, X. Sánchez Bugallo, entre outras autoridades.