TRÁFICO E URBANISMO

Fomento prevé actuacións en O Eixo e na rotonda de Conxo

23/12/2005 A construcción de dous novos pasos peonís aumentará a seguridade vial nun punto tan conflictivo como O Eixo. Este proxecto foi licitado polo Ministerio de Fomento xunto co proxecto para a transformación de glorieta de Conxo, no vial de Antonio Fraguas, para permitir un acceso máis doado aos novos polígonos de vivendas de Volta de Castro
e ao Hospital Provincial.

No Eixo o Ministerio de Fomento construirá construirá unha nova pasarela elevada e un novo paso soterrado que, sumados ao xa existente, permitirá tres pasos seguros, un cada 600 metros aproximadamente, neste conflicto tramo da estrada de Ourense de perto de dous quilómetros de lonxitude.

O paso elevado contruirase preto do hotel Santa Lucía, fronte á parada de autobuses, no punto Kilométrico 323,3 da N-525, a estrada de Ourense. O paso inferior situarase xunto ao enlace cos Tilos, no punto Kilométrico 335,7 da mesma estrada. Ámbolos dous poderían estar en construcción no 2006.

Co esta actuación Fomento atende as reteiradas reclamacións feitas, tanto desde o Concello como as protagonizadas polos veiños, diante o alto número de accidentes que se producen na zona. O alcalde, Sánchez Bugallo, manifestou que o Concello solicitou en repetidas ocasións ao Ministerio a instalación de pasos de peóns e semáforos. A proposta foi denegada por Fomento alegando que suporía unha relentización do tráfico.

En 1998 os veciños convocaron varias manifestacións para reclamar un paso soterrado baixo a estrada de Ourense. Durante as manifestacións producíronse varios incidentes polos que, no verán de 2003, unha sentencia xudicial condeaba a tres veciños de O Eixo a sete anos de prisión. Nestes intres a parroquia está pendente da resolución do Tribunal Supremo, coa que se espera que os tres veciños condeados sexan esculpados.

A nova rotonda de Conxo paliará as retencións na Avenida Antonio Fraguas

A construción dun paso a distinto nivel na glorieta do periférico de Conxo rematará coas habituais retencións na zona. Con este propósito a atendendo a petición do Concello o Ministerio de Fomento licitou a redacción do proxecto que sustituirá a actual rotonda de Conxo.

Con esta medidad preténdese facer máis fuído o tráfico de entrada e saída á cidade.

A actuación do Ministerio prevé convertir un tramo do periférico en subterráneo para que os vehículos que viaxen cara Noia ou Milladoiro ou dende estas zonas cara o centro da cidade, non teñan que deterse na rotonda. Mentres que o tráfico que se dirixa a zonas como Conxo ou o Hospital Provincial trancorrerá pola superficie da glorieta.

O proxecto tamén contempla a construcción dunha saída dende o periférico aos polígonos de vivendas de Santa Marta, e Volta do Castro, polígonos residenciais en desenvolvemento que albergarán máis de 1.500 vivendas.

As obras poderían saír a concurso no vindeiro ano e executarse ao longo de 2007.

Compartir: