CENTROS SOCIOCULTURAIS

Dezasete coros composteláns celebran un encontro de Nadal no Auditorio

26/12/2005 Representar a actividade cultural que se desenvolve nos centros socioculturais da cidade é un dos obxectivos do VII Encontros de "Coros no Nadal". A concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coa Escola de Música Berenguela e co ximnasio San Clemente, oragniza por séptimo ano consecutivo o encontro de corais "Cancións de Nadal" que terá lugar no Auditorio de Galicia os días 28, 29 e 30 de decembro a partires das 20.15 horas.

Coa intención de que os dezasete coros participantes "se definan e enriquezan musicalmente cada grupo interpretará tres pezas, dúas panxoliñas e a terceira de temática libre" tal como salientou Michel González, director de varias corais e coordinador do VII encontro de Coros de Nadal.

Entre cada actuación haberá pequenos números musicais e exhibicions de baile protagonizados por alumnos da Escola de Música Berenguela e do ximnasio San Clemente.

A concelleira de centros socioculturais, Mercedes Rosón, explicou que nesta edición para que "o festival sexa máis activo incorporanse as novas tecnoloxías". Durante as actuacións, proxectarase nunha pantalla unha reportaxe fotográfica feita sobre os dezasete coros participantes. As fotos proxectadas poderanse ver nunha exposición que se realizará no mes de xaneiro.

As corais participantes neste encontro presentado polo xornalista Luis Iglesias son:

-DÍA 28: "LA SALLE", "JOSÉ SARAMAGO", "PONTEPEDRIÑA", "COTO DA NAI", "HERMANO GÓMEZ".
-DÍA 29: "SANTA SUSANA", "SAN FERNANDO", "PONTE MANTIBE", "ALECEIA" E "CANTIGAS E AGARIMOS".
-DÍA 30: "A XUNTANZA"M "CORO ASOCIACIÓN", "AMIGOS DO CASTIÑEIRIÑO", "LAVACOLLA", "GUADALUPE", "AMIGOS DE COMPOSTELA", "SAR"

Para máis información pódese chamar ao teléfono 625035141.

Compartir: