CULTURA
A compra e renovación de abonos para o segundo e terceiro trimestre da temporada 2005-06 poderá realizarse os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2005 e o 2 e 3 de xaneiro de 2006.
Para dar facilidades de compra o Auditorio de Galicia estabelece dous lugares de venda. Dunha banda, no despacho de billetes do Auditorio de Galicia que está no propio auditorio, na avda. Burgo das Nacións s/n, en horario de 12:00 a 14:00 h, e doutra, no teléfono 981 571 026 ou 981 573 979, mediante pago por tarxeta.
Ademais, Caixa Galicia pon á disposición o seu servizo de venda de entradas de Caixa Galicia no teléfono 902434443 ou na web de Caixa Galicia, mediante pago con tarxeta en horario de 8:00 a 22:00 h dos días días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2005 e o 2 e 3 de xaneiro de 2006.
Os abonos que están á venda son os seguintes:
-Abono C (de xaneiro a marzo de 2006): inclúe 11 concertos, cun prezo de 96,90 euros despois de aplicado un desconto do 15%.
-Abono D (de abril a xuño de 2006): inclúe 9 concertos, cun prezo de 71,40 euros despois de aplicado un desconto do 15%.
Aos abonados entregaránselle as localidades de cada concerto, co número de fila e butaca que será o mesmo durante todo o abono.
Venda e renovación de abonos para a nova tempada do Auditorio de Galicia
23/12/2005 O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para o segundo e terceiro trimestre da tempada 2005-2006.
Para estes trimestres a programación do Auditorio inclúe os concertos da Real Filharmonía de Galicia co seu director titular Ros Marbà e directores invitados como R. Barshai, R. King, Mélanie Thiebaut ou J. Pons e solistas tan destacados como E. Leonskaja, M. Kaplan ou J. Perianes e as orquestas The Age of the Enlightenment, Sinfónica de Galicia e Sinfónica de Asturias.A compra e renovación de abonos para o segundo e terceiro trimestre da temporada 2005-06 poderá realizarse os días 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2005 e o 2 e 3 de xaneiro de 2006.