ALCALDÍA
Peregrinación dos alcaldes das localidades polas que transcorre o Camiño Portugués
31/07/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudiu ao límite entre Santiago e Milladoiro para saudar á peregrinación integrada por alcaldes das localidades polas que transcorre o Camiño Portugués.
Nesta peregrinación, ademais de diversos alcaldes, participou o presidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal, Carlos Lage; o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda; e o concelleiro de Relacións Institucionais do Concello, Andrés Fariña.