EDUCACIÓN
Mercedes Rosón destacou a calidade do proxecto de adecuación das instalacións, realizado polo mesmo arquitecto que deseñou a Escola Infantil de Conxo, e a importancia de dotar deste equipamento ao Ensanche compostelán.
"Estamos facendo un esforzo moi grande dende o Concello para dar resposta á demanda de prazas infantís da cidadanía, con niveis de calidade e excelencia importantes", indicou. Esta será a terceira escola posta en marcha coa Xunta de Galicia (coas de San Roque e Tambre), grazas a un convenio asinado hai tres anos, ás que hai que unir as dúas municipais de Conxo e Fontiñas.
Indicou que "agora está na fase de concurso a nova escola de Salgueiriños, dentro do Plan Urbana, da Unión Europea, dentro do ámbito territorial da zona norte. Esta será xa unha escola dunhas dimensións maiores e estará en funcionamento no último trimestre do 2011".
Pola súa parte, o arquitecto Alfonso Penela destacou do proxecto a "rúa interior, un gran espazo interior que articula todo e que se converte nun espazo festivo e de uso en momentos de mal tempo". Partindo deste eixo sitúanse as catro aulas, "nas que se introducirán aspectos que motiven a imaxinación dos nenos, de modo que as paredes sexan soporte de todas as transformacións que as educadoras e os nenos poidan facer". Segundo engadiu, "pegar e colocar cousas non será un problema senón unha virtude".
A nova Escola Infantil de Tras Parlamento comezará a funcionar en novembro
29/07/2010 A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, visitou as obras de rehabilitación que se están a levar a cabo no edificio que ata hai un ano ocupaba o Departamento de Servizos Sociais do Concello e que, a partir de novembro, acollerá a Escola Infantil Municipal de Tras Parlamento. Acompañouna Alfonso Penela, o arquitecto responsable do proxecto de rehabilitación.
A Escola terá 61 prazas, con catro unidades: unha para nenos de 0 a 1 anos, outra para rapaces de 1 a 2, e dúas unidades para nenos de 2 a 3 anos. Estará dotada con diversos espazos comúns e terá un amplo horario, desde as 7:30 as 21:00 horas. O investimento nas obras foi de 350.000 euros. Entrará en funcionamento no mes de novembro.Mercedes Rosón destacou a calidade do proxecto de adecuación das instalacións, realizado polo mesmo arquitecto que deseñou a Escola Infantil de Conxo, e a importancia de dotar deste equipamento ao Ensanche compostelán.