CULTURA
Os proxectos terán que enviarse ao enderezo electrónico off@festivaldosabrazos.org ou por enderezo postal ao Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións s/n). Deberá entregarse debidamente cumprimentado o cuestionario de inscrición que poderá baixarse da web www.compostelacultura.org, onde tamén estarán dispoñibles as bases do proxecto. A temática será libre, sempre e cando concorde coa filosofía do Festival, pero serán especialmente valorados os proxectos de disciplinas e linguaxes menos habituais na escena galega.
Cada artista poderá presentar tantos proxectos como estime oportuno. Co proxecto deberá entregarse tamén currículo do artista, material promocional do proxecto, plano de colocación do espazo escénico e estimación orzamentaria da produción, así como calquera outra información que se considere de interese para a mellor comprensión do proxecto e a súa promoción.
Os proxectos serán revisados pola organización do Festival, que seleccionará os elixidos atendendo, ademais da adecuación ao Festival e que se trate de disciplinas pouco presentes en Galicia, á súa calidade artística, a viabilidade técnica, material e económica e a complementariedade entre as distintas propostas. Os proxectos seleccionados, contarán con promoción e publicidade nos soportes do Festival, apoio e asesoramento na produción técnica e axuda económica para a montaxe do espectáculo (disto quedan excluídos cachés e honorarios), que será fixada en función do número de proxectos seleccionados.
Dende a Concellaría de Cultura anímase a todos os artistas da cidade a que presenten a súa proposta para poder estar presentes neste escaparate da creación da cidade do que poderemos gozar no mes de agosto.
Ábrese o prazo de presentación de propostas artísticas para os Abrazos Off
30/06/2010 O Festival dos Abrazos, organizado pola Concellería de Cultura, volve aos espazos singulares de Compostela durante o mes de agosto. Como xa sucedeu en 2009 terá unha sección, os Abrazos Off, que abre o festival ás propostas artísticas da cidadanía.
O prazo para presentar solicitudes comeza o xoves 1 de xullo e permanecerá aberto ata o día 15 de xullo. Os proxectos artísticos seleccionados formarán parte dunha sección diferenciada dentro da programación desta terceira edición do festival, a sección Abrazos Off, que pretende ser o escaparate para as propostas máis arriscadas e novidosas do tecido creativo compostelán.Os proxectos terán que enviarse ao enderezo electrónico off@festivaldosabrazos.org ou por enderezo postal ao Auditorio de Galicia (Burgo das Nacións s/n). Deberá entregarse debidamente cumprimentado o cuestionario de inscrición que poderá baixarse da web www.compostelacultura.org, onde tamén estarán dispoñibles as bases do proxecto. A temática será libre, sempre e cando concorde coa filosofía do Festival, pero serán especialmente valorados os proxectos de disciplinas e linguaxes menos habituais na escena galega.