ALCALDÍA
Entre as medidas que, segundo indicou, puxo en marcha o seu departamento para unha maior repercusión internacional do Xacobeo 2010, citou a sinatura dun convenio por dous millóns de euros con oito comunidades autónomas (Aragón, País Vasco, Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, A Rioxa e Navarra) para a promoción e comercialización no exterior do Camiño.
Ademais, púxose en marcha un canal temático sobre a Ruta Xacobea no portal Spain.info, elaborouse xunto á Fundación Santa María la Real un DVD cun percorrido virtual do Camiño e incorporouse esta ruta ao programa Privilege Spain, para dirixir a súa promoción cara un perfil de consumidor de alto poder adquisitivo. Esta mesma semana, o Ministerio de Industria asinou coa Xunta un acordo de promoción para accións conxuntas de marketing dos destinos e produtos turísticos de Galicia durante 2010 por 800.000 euros.
Presidencia española
En canto ao balance que fixo o ministro sobre a Presidencia española da Unión Europea en materia de turismo, salientou os diferentes encontros que durante este semestre se realizaron, como a reunión de ministros de Turismo da Unión Europea e Iberoamérica, a Conferencia de Responsables e Expertos en Turismo, a Reunión Informal de Ministros de Turismo da UE e a Conferencia Euromediterránea de Ministros de Turismo
Pola súa parte, o comisario Antonio Tajani presentou a primeira Comunicación da Comisión Europea sobre Turismo dende a aprobación do Tratado de Lisboa. O documento formula, entre outros aspectos, a incorporación do turismo nas políticas e instrumentos financeiros da Unión Europea, así como a creación dunha "Marca Europa" en materia turística.
Nesta liña vai o programa Turismo Sénior Europa, posto en marcha en 15 países para fortalecer o sentimento europeo mediante o impulso do turismo de persoas europeas maiores de 55 anos e, por outro lado, combater a estacionalidade dos destinos turísticos españois.
O Camiño de Santiago, estandarte dun modelo de turismo cultural rendible
30/06/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, nun percorrido polos últimos quilómetros do Camiño. Esta peregrinación, na que tamén participaron o vicepresidente e comisario de Industria e Turismo da Comisión Europea, Antonio Tajani; o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; e o secretario de Estado de Turismo, Joan Mesquida, precedeu ao balance que Goberno e Comisión fixeron sobre a Presidencia española da UE en materia de turismo.
Tras visitar a Catedral e o Concello e asinar no Libro de Honra do Ano Santo, o ministro e o comisario europeo fixeron balance da Presidencia española en materia de turismo e da Comunicación sobre este ámbito que publica a Comisión Europea. Miguel Sebastián destacou que o Camiño de Santiago é o estandarte dun tipo de turismo cultural que o Goberno quere promover. Non en van, o turismo cultural é un dos máis rendibles, xa que o gasto medio diario dos consumidores deste produto é dun 128 euros/día, fronte aos 96 euros/día noutros segmentos.Entre as medidas que, segundo indicou, puxo en marcha o seu departamento para unha maior repercusión internacional do Xacobeo 2010, citou a sinatura dun convenio por dous millóns de euros con oito comunidades autónomas (Aragón, País Vasco, Asturias, Cantabria, Castela e León, Galicia, A Rioxa e Navarra) para a promoción e comercialización no exterior do Camiño.