ALCALDÍA

Científicos de relevancia internacional reúnense en Santiago no marco da Presidencia española da UE

29/06/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os membros do Comité Científico do Consello Europeo de Investigación (European Research Council), que están a celebrar en Santiago o seu XXVI Encontro Plenario, no marco da Presidencia española da Unión Europea.

O Comité Científico do Consello Europeo de Investigación está composto por 22 científicos de gran relevancia internacional, procedentes de diversos países europeos. Esta organización promove a ciencia de excelencia e a mobilidade de investigadores de calidade, no marco do programa IDEAS, mediante axudas a proxectos de investigación articulados en torno a dúas convocatorias, unha dirixida a investigadores novos e outra a investigadores xa consolidados.

O XXVI Encontro Plenario celébrase en Santiago con motivo da Presidencia española da UE, tras unha sesión previa en Madrid, na que os científicos foron recibidos no Palacio da Zarzuela pola Súa Maxestade O Rei. As sesións que se celebran na Casa de Europa (parque de Vista Alegre), hoxe e mañá mércores, teñen, entre outros obxectivos, dar a coñecer as referidas becas, de gran prestixio entre a comunidade científica, a estudantes de doutorado e profesores

Compartir: