TRANSPORTES
Adxudicado o servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de Santa Marta
29/06/2010 A mesa de contratación da Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago (TUSSA), determinou provisionalmente que será a empresa LIMCO, Sociedade Cooperativa Galega de Integración Social a que se faga cargo do servizo para o cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta, por un importe de 29.406,90 euros.
A oferta de LIMCO foi a mellor valorada das seis presentadas en total ao concurso. Dáse a circunstancia de que esta sociedade cooperativa é un centro especial de emprego sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é fomentar a integración laboral de persoas con discapacidade.