ALCALDÍA
Máis de 200 alumnos da Escola Naval Militar de Marín culminaron a súa peregrinación a Compostela
29/05/2010 Despois de realizar tres etapas polo Camiño Portugués, partindo do santuario pontevedrés da Peregrina, chegaron a Compostela máis de 200 alumnos da Escola Naval Militar de Marín.
Os alumnos da Escola e os seus mandos entraron en Santiago desfilando, asistiron a unha misa e realizaron unha ofrenda ao Apóstolo. A continuación, unha representación dirixiuse á Casa do Concello, onde foi recibida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.