CULTURA

A semana oficial da VII edición de Curtocircuíto remata coa entrega de premios

28/05/2010 Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago chega ó seu fin. Tras seis xornadas de proxeccións, na noite do sábado coñeceranse as curtas elixidas polo xurado e o público. 123 curtametraxes participaron este ano en Curtocircuíto, de 26 países diferentes, algúns como Malí, China, Corea do Sur, Polonia ou Irán, entre outros.

O veredicto do xurado fará público na Gala de Clausura deste sábado ás 20:30 horas. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidirá o evento, que contará coa presenza dalgúns dos directores agraciados e da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, ademais doutros persoeiros e dos membros do xurado.

Curtocircuíto prepara unha gala con sabor cubano, xa que Cuba foi o país convidado deste ano. Ademais da entrega de galardóns tamén se poderá asistir á estrea de Checkout, a curta gañadora da pasada edición de Compostela Plató.

Ao remate, a partir das 23:00 horas, proxectaranse todas as curtas gañadoras, como punto e final á semana oficial do Festival.

Compartir: