ALCALDÍA
Aclarado o futuro desta actuación, o alcalde expresou a súa satisfacción porque "as grandes obras da cidade están garantidas", referíndose á propia depuradora, á entrada do AVE en Santiago, á duplicación da AP-9 e á terminal de Lavacolla, ademais do propio túnel do Hórreo. Sobre outras actuacións pendentes falará Sánchez Bugallo co ministro de Fomento, José Blanco, na vindeira semana, na que este estará en Santiago, co fin de "concretar se algunhas destas obras van seguir ou sufrir atrasos".
Sobre outro dos proxectos en marcha, a ampliación da AP-9, indicou que está en período de exposición e que o Concello vai presentar algunha alegación. En concreto, demandarase que no paso inferior entre San Lázaro e Aríns, onde está previsto pasar de 5 a 10 metros de ancho, se pase a 19 metros, para garantir o tráfico derivado do crecemento desta zona da cidade. Os técnicos están barallando a maiores algunha outra alegación.
Precisamente en San Lázaro, anunciou que a carón da ponte actual se construirá un camiño peonil duns 5 metros de ancho. Tamén se insistirá dende o Concello en dotar dunha maior anchura á ponte.
Conexión coa Cidade da Cultura
Outro dos temas sobre os que falou o rexedor municipal é o anuncio da Xunta de non seguir adiante co proxecto de teleférico para a conexión coa Cidade da Cultura. Cualificou esta decisión de "decepciónante e un enredo" e indicou que unicamente persegue "retrasar a decisión a 2012" e "dar prioridade a outros investimentos".
Ao alcalde parécelle "ben que se faga o estudo do metro lixeiro, para o que xa se fixeron as reservas no PXOM para tres liñas", cun custo estimado de máis de 300 millóns de euros, das cales, dixo, "a prioridade é a do aeroporto". Pero amosa a súa decepción porque "se supedite a un estudo sobre o metro lixeiro a conexión coa Cidade da Cultura, porque xa había un estudo realizado polo Consorcio". Este informe revelaba un custo de 82,3 millóns de euros para o metro lixeiro, 34 millóns para o minimetro e 19,5 millóns para as dúas liñas do teleférico, tendo en conta ademais que existía o interese de empresas privadas para financiar ao 50% esta última alternativa.
Resumindo o estado actual da Cidade da Cultura, afirmou que "a Xunta ten paralizados os dous edificios que faltan e agora paraliza o teleférico, e tampouco temos ningunha decisión sobre a conexión coa autopista". Ante iso, engadiu, "hai que asumir que os primeiros edificios abrirán en condicións moi precarias e nacen minguadas as súas posibilidades de éxito".
Aforo da Catedral
O alcalde tamén se referiu aos problemas de aforo da Catedral neste Ano Santo, reiterando que "o problema témolo entre as 12:00 e as 13:15, pois a maioría quere entrar a esa hora". Expresou a necesidade de "afrouxar a presión sobre a misa das 12:00", motivo polo que se lle solicitará ao Cabildo a realización dunha misa ás 11:00 horas e a desviación dunha parte das peregrinacións organizadas a esta hora".
Aínda recoñecendo que, a diferenza doutros lugares de culto, "aquí todo o mundo quere entrar na Catedral" e que non facelo "podería defraudar as súas expectativas", apuntou a posibilidade de facer misas os sábados e domingos na praza da Quintana.
A outra proposta que se lle fará ao Cabildo é a de retirar os bancos nalgunha zona, o que permitiría incrementar o aforo. De acceder, o actual aforo, de 1.900 persoas, podería ampliarse a 2.200 ou 2.300, pero en calquera caso, "se veñen 4.000 igual haberá xente que non poida entrar", comentou. Sobre a alternativa da autorregulación do aforo, á vista da experiencia de 2004, mantén que crearía problemas no funcionamento das emerxencias.
O alcalde agarda que a construción da nova EDAR se licite este mesmo ano
28/05/2010 Despois das conversas mantidas esta semana coa ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa e con outros responsables do Ministerio, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, obtivo o compromiso de que a obra da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) se vai sacar a licitación. Despéxase así a incógnita que sobre este proxecto existía á vista dos recortes dos investimentos anunciados polo Goberno central.
"O obxectivo é que este mesmo ano saia a licitación a depuradora", indicou Sánchez Bugallo. Con este fin, existe o compromiso de que no prazo de dous meses o Ministerio terá listo o prego de condicións. Elaborado este, solicitarase a autorización para a licitación da obra ao Ministerio de Economía e Facenda. O alcalde agarda que esta autorización se produza "o antes posible" para así licitar a actuación. Tamén anunciou que esta obra será asumida en solitario polo Estado e que será o Concello quen se faga cargo da xestión da depuradora.Aclarado o futuro desta actuación, o alcalde expresou a súa satisfacción porque "as grandes obras da cidade están garantidas", referíndose á propia depuradora, á entrada do AVE en Santiago, á duplicación da AP-9 e á terminal de Lavacolla, ademais do propio túnel do Hórreo. Sobre outras actuacións pendentes falará Sánchez Bugallo co ministro de Fomento, José Blanco, na vindeira semana, na que este estará en Santiago, co fin de "concretar se algunhas destas obras van seguir ou sufrir atrasos".