CULTURA
Na competición oficial haberá 3 programas: Internacional 8, España 4 e Explora 3. Ademais, nas proxeccións paralelas destaca a Carta Branca á Mostra de Novos realizadores de La Habana e un paralelo de Cine Fantástico Español.
Por outra banda o obradoiro Paleta Gráfico Codeco porá o seu punto e final co remate da curta que estiveron a realizar durante toda a semana no obradoiro, e que será proxectada na Gala de Clausura.
Como todos días, ás 19:30 horas terá lugar a happy hour no Bar Garum e, a partir das 00:00 horas, Curtocircuíto reunirase no Ultramarinos.
Nicolas Schmerkin, gañador dun Óscar, chega a Curtocircuíto
27/05/2010 Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes achégase ao seu final e faino por todo o alto, recibindo a Nicolas Schmerkin, produtor de Logorama, curta premiada na última edición dos Óscar.
O produtor francés estará no Teatro Principal impartindo unha clase maxistral na que falará do fenómeno Logorama e do seu traballo na prestixiosa produtora Autour de Minuit. A entrada é libre para todos aqueles que queiran asistir ata completar o aforo do Teatro Principal.Na competición oficial haberá 3 programas: Internacional 8, España 4 e Explora 3. Ademais, nas proxeccións paralelas destaca a Carta Branca á Mostra de Novos realizadores de La Habana e un paralelo de Cine Fantástico Español.