ALCALDÍA
O profesor inglés recibiu o galardón da academia sueca -xunto con Robert Curl Jr. e Richard Smalley- polo descubrimento dos fullerenos, unha forma nova de carbono con estrutura esférica que impulsou o desenvolvemento da nanociencia.
O coñecemento dos fullerenos, que representan a terceira forma estable do carbono (as outras dúas corresponden á presentación tradicional do carbón ou grafito e ao diamante), abriu todo un campo de posibles aplicacións na elaboración de novos tipos de polímeros, supercondutores, estruturas con metais ou con outros átomos atrapados dentro destes agrupamentos de carbono, así como novos catalizadores, produtos farmacéuticos e posibles usos industriais; en definitiva, na área dos novos materiais. Todo isto podería concretarse no futuro, por exemplo, nun material cen veces máis duro que o aceiro pero seis veces menos pesado, en células solares moi baratas para captación de enerxía e incluso en supercomputadoras que poderían cargarse nun reloxo de pulseira.
Harold W. Kroto
Harold W. Kroto obtivo a licenciatura e o doutoramento en Química na Universidade de Sheffield na década dos 60. Tras tres anos de investigación posdoutoral en Canadá e Estados Unidos, Kroto incorporouse á Universidade de Sussex (Reino Unido), onde foi nomeado catedrático en 1985. Na actualidade é profesor na Universidade Estatal de Florida (EE.UU.).
O Nobel é tamén un activista na defensa dos dereitos humanos e do medio ambiente, ademais de avogar nas súas comparecencias públicas por unha divulgación rigorosa da ciencia. Nesa ansia, en 1995 fundou, xunto ao produtor da BBC Patrick Reams, Vega Science Trust, co propósito de crear películas científicas de alta calidade para a televisión por cable. Estes materiais non só reflicten a excitación dos descubrimentos, senón tamén os conceptos intrínsecos e principios sen os que a súa comprensión sería imposible.
O Nobel de Química Harold Walter Kroto fala en Santiago de ciencia e sustentabilidade
27/05/2010 O Nobel de Química en 1996, Harold W. Kroto está en Santiago para participar no V Programa ConCiencia, que organizan a USC e o Consorcio de Santiago, co apoio de Xacobeo 2010. Dentro do seu programa de actividades na cidade, o científico británico pasou pola Casa do Concello, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, que o convidou a asinar no Libro de Honra.
Harold Walter Kroto tiña previsto ofrecer pola tarde unha conferencia sobre "Ciencia, sociedade e sustentabilidade" no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia. Antes, na xornada do mércores 26, mantivo unha reunión con persoal investigador galego e un encontro cos medios de comunicación.O profesor inglés recibiu o galardón da academia sueca -xunto con Robert Curl Jr. e Richard Smalley- polo descubrimento dos fullerenos, unha forma nova de carbono con estrutura esférica que impulsou o desenvolvemento da nanociencia.