ALCALDÍA

O Centro Sociocultural de Laraño amplía as súas instalacións e servizos

30/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, inaugurou o remodelado e ampliado Centro Sociocultural de Laraño. Tras un investimento de 400.000 euros, os veciños dispoñen agora de dous novos espazos, unha sala de usos múltiples e unha sala de xuntas.

No Centro Sociocultural de Laraño construíronse dous novos espazos adxacentes ao xa existente, que permitirán diversificar as actividades do centro. A primeira das salas proxectadas está pensada para usos múltiples e pode dividirse en dúas grazas a unha porta de corredeira. O segundo espazo, máis pequeno, servirá de sala de xuntas.

A intervención aumentou uns 250 metros cadrados a superficie do centro e permitiu destinar o espazo xa existente a actividades máis específicas como unha biblioteca e unha aula de informática.

Compartir: