PARTICIPACIÓN CIDADÁ
A cita foi na Casa das Asociacións de Cornes e nela esbozáronse as liñas temáticas que non deberían faltar no programa de debate asociado aos foros de participación cidadá. Foron case dúas horas nas que se definiron con claridade as liñas mestras sobre as que se debe facer pivotar a proposta de programa dos foros de participación. Segundo a concelleira, "a partir destas iniciativas programáticas definiremos agora sete grandes bloques temáticos que, mes a mes, invitarán ao debate cidadán co fin de obter solucións e e propostas que, partindo dos propios composteláns, poidan responder ás grandes inquietudes e preocupacións da cidadanía".
O programa definitivo dos Foros de Participación será presentado o día 10 de maio, abrindo a porta á celebración de sete grandes encontros temáticos que terían lugar o último mércores de cada mes. Todos eles confluirán nunha grande cita final que, baixo o nome de Foro Cidade 2010, se desenvolverá a finais do mes de decembro.
A Concellería de Participación Cidadá organiza os Foros de Participación 2010
30/04/2010 O "foro cero" foi o punto de partida. Nel, un amplo abano de representantes sectoriais da cidade reuníronse, invitados pola Concellería de Participación Cidadá, para propoñer os grandes temas de opinión que deben centrar a atención do programa.
"Como iniciativa aberta a todos os cidadáns de Compostela que pretende reunir, escoitar e valorar os seus intereses e inquietudes – afirma Guadalupe Rodríguez, concelleira de Participación Cidadá – quixemos contar dende o principio, desde a propia coordinación do programa, con representantes do mundo empresarial, das confederacións de empresarios, da Cámara de Comercio, da Igrexa, das asociacións de comerciantes, das asociacións veciñais, do mundo asociativo en xeral e de sectores tan representantivos como a sanidade, a educación, os servizos sociais, o turismo, o mundo das finanzas e os distintos estamentos e colexios profesionais".A cita foi na Casa das Asociacións de Cornes e nela esbozáronse as liñas temáticas que non deberían faltar no programa de debate asociado aos foros de participación cidadá. Foron case dúas horas nas que se definiron con claridade as liñas mestras sobre as que se debe facer pivotar a proposta de programa dos foros de participación. Segundo a concelleira, "a partir destas iniciativas programáticas definiremos agora sete grandes bloques temáticos que, mes a mes, invitarán ao debate cidadán co fin de obter solucións e e propostas que, partindo dos propios composteláns, poidan responder ás grandes inquietudes e preocupacións da cidadanía".
O programa definitivo dos Foros de Participación será presentado o día 10 de maio, abrindo a porta á celebración de sete grandes encontros temáticos que terían lugar o último mércores de cada mes. Todos eles confluirán nunha grande cita final que, baixo o nome de Foro Cidade 2010, se desenvolverá a finais do mes de decembro.