EDUCACIÓN

Os gañadores de "Coñecer as Cidades Patrimonio", recibidos en Segovia

30/04/2010 A concelleira de Patrimonio Histórico e Turismo de Segovia, Claudia de Santos, recibiu o grupo de 15 alumnos e 3 profesores del IES de SAR, gañadores composteláns da IX edición do Programa Educativo "Coñecer as Cidades Patrimonio".

Tras pasar por Córdoba, a cidade coordinadora desta edición, onde se realizou o encontro de todos os grupos gañadores nas respectivas cidades patrimonio, os alumnos do IES de Sar desprazáronse ata Segovia, a cidade coa que estaban emparellados. Estarán na cidade castelá ata o sábado 1 de maio, realizando diversa actividades lúdicas e educativas.

Compartir: