ALCALDÍA

Visita ao Concello dos participantes no XVIII Congreso de Periodipesca

30/04/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os participantes no XVIII Congreso de Periodipesca. Este evento reúne en Rodeiro (Pontevedra) a uns cen xornalistas especializados en temas de caza, pesca, natureza, turismo rural e aventura.

O Congreso celébrase do 29 de abril ao 3 de maio, e entre as actividades do mesmo figuraba esta visita a Santiago. De feito, o lema da edición de 2010, acorde co Ano Santo, é "Rodeiro, de Camiño a Santiago". De feito, os participantes realizaron unha peregrinación dende o Monte do Gozo ata a Catedral.

Compartir: