ALCALDÍA

Os concellos do Camiño Inglés promocionan esta ruta cunha peregrinación

30/04/2010 Un grupo de alcaldes e concelleiros de municipios polos que pasa o Camiño Inglés da provincia da Coruña iniciaron o luns 26 unha peregrinación, que concluíu hoxe en Santiago. O seu obxectivo era promocionar o Camiño Inglés.

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi os participantes desta peregrinación institucional. Alí estaban, entre outros, os alcaldes de Ferrol, Vicente Irisarri; Neda, Ignacio Cabezón; Fene, Iván Puentes; Cabanas, Germán Castrillón; Pontedeume, Gabriel Torrente; Carral, José Luís Fernández; ou o tenente de alcalde da Coruña, Henrique Tello. Tamén participaban nesta acción promocional concelleiros e técnicos de Narón, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, Culleredo, Cambre, Mesía, Ordes e Oroso, ademais de integrantes de asociacións de veciños e da Asociación Amigos do Camiño Inglés.

En representación deste Consorcio do Camiño Inglés, o seu presidente e alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, asinou no Libro de Honra deste Ano Santo.

Compartir: