COMERCIO
Na edición de primavera premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 5.000 euros para o primeiro clasificado, aos 2.000 euros para o segundo, e aos 1.500 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No certame prima tanto o escaparate como o interior do comercio.
No Concurso, organizado por Promoción Económica e Comercio dende o ano 2004, colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Agrupación de Comerciantes de Santiago ACOTES, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego
Aberto o prazo de inscrición na edición de primavera do VII Concurso de Escaparatismo
31/03/2010 Os comercios de Santiago de Compostela xa poden apuntarse na edición de primavera do VII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2009, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O 12 de abril finaliza o prazo para inscribirse no certame, enmarcado no Plan Estratéxico do Comercio Compostelán e cofinanciado pola Deputación da Coruña.
O obxectivo do concurso, que na edición de primavera destina 10.006 euros a premios, é contribuir á dinamización e mellora dos establecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe. O certame está dirixido a todos os comercios da cidade. Os interesados poden apuntarse de balde. Só teñen que cubrir o formulario de inscrición que hai ao final das bases do concurso (que se poden descargar da páxina web de Promoción Económica www.maiscompostela.org), e evíalas por fax ao número 981 543 193. Tamén se pode realizar a inscrición enviando un correo electrónico inscricionspe@santiagodecompostela.gal. Neste correo teñen que constar os seguintes datos: nome do establecemento, sector ao que pertence, nome e apelidos do propietario, enderezo, teléfono, fax e correo electrónico (se o teñen).Na edición de primavera premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valores superiores aos 5.000 euros para o primeiro clasificado, aos 2.000 euros para o segundo, e aos 1.500 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos. No certame prima tanto o escaparate como o interior do comercio.
No Concurso, organizado por Promoción Económica e Comercio dende o ano 2004, colaboran a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a Agrupación de Comerciantes de Santiago ACOTES, a Asociación de Comerciantes e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación de Comerciantes do barrio de San Pedro, Euroconsumo Galicia e o Grupo Correo Gallego