ALCALDÍA
Este torneo ten tamén carácter benéfico. Permitirá obter beneficios aos clubs de fútbol base da cidade, grazas aos pases que puxo a disposición dos mesmos a Fundación.
O triangular comezará no estadio de San Lázaro ás 17:00 horas co partido entre o FC Barcelona e o SC Braga. Ás 18:00 horas enfrontaranse o SC Braga e a Selección de Santiago. Unha hora despois pecharase o torneo co encontro entre a Selección de Santiago e o FC Barcelona.
Recepción aos participantes no Torneo Cidade de Santiago de Fútbol Base
31/03/2010 A Fundación Compostela Deporte organiza o mércores día 31 de marzo, no estadio de San Lázaro, o I Torneo Internacional Cidade de Santiago de Fútbol Base. No Torneo participarán FC Barcelona, SC Braga e a Selección de Santiago de categoría xuvenil.
Antes dos partidos, previstos para a tarde, o alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu os participantes en Raxoi e desexoulles unha boa competición e unha feliz estancia en Santiago, malia a desfavorable climatoloxía. Destacou tamén a oportunidade que supón para a selección compostelá poder enfrontarse a dous dos mellores equipos de Europa nesta categoría xuvenil.Este torneo ten tamén carácter benéfico. Permitirá obter beneficios aos clubs de fútbol base da cidade, grazas aos pases que puxo a disposición dos mesmos a Fundación.