XUNTA DE GOBERNO
Por outra parte, no marco do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local, iniciouse a contratación do servizo de acceso WIFI en espazos públicos en distintas zonas de actuación, cun tipo de licitación de 31.895 euros. Tamén incluída no FES, adxudicouse provisionalmente o contrato de dirección facultativa das obras de construción do centro sociocultural en Santa Marta por importe de 47.300 euros.
Tamén en materia de contratacións, adxudicouse o contrato de xestión de actividades culturais nos locais municipais de música para a xuventude de Compostela, por importe de 19.605 euros. Igualmente, acordouse prorrogar por dous anos, dende o 8 de abril de 2010 ao 7 de abril de 2012, o contrato de xestión dos expedientes sancionadores por infraccións contra a normativa de tráfico vial urbano no Concello adxudicado por 225.000 euros en 2010 e 375.000 nas anualidades 2011 e 2012.
Infraestruturas
A proposta do concelleiro de Infraestruturas, púxose a disposición do Ministerio de Fomento os terreos para o proxecto da obra de seguridade vial e remodelación de enlace de acceso ao polígono do Tambre, na estrada N-550. A superficie expropiada, sumando solo e outros bens, no lugar de Trece Pinos, en Boisaca, é de 250 metros cadrados.
Benestar Social
No eido de Benestar Social, acordouse solicitar á Xunta de Galicia unha subvención de 884.247 euros para a realización de programas e actividades para servizos comunitarios, e outra de 57.125 euros para proxectos de desenvolvemento do pobo xitano. Ademais, adxudicouse o contrato para o desenvolvemento do Programa de Prevención "En busca do tesouro das familias, por un importe de 12.006 euros.
Cidade Histórica
Na sesión tamén se deu conta da sinatura do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Santiago para o financiamento de redacción de proxectos de recuperación do Casco Histórico. En virtude deste convenio, a Deputación realiza unha achega de 85.409 euros para o financiamento da redacción dos proxectos dos seguintes ámbitos: parque urbano das Hortas, rúa do Carme de Abaixo, campo de Santo Antonio, rúa da Trisca, zona verde da unidade de execución da Trisca, aparcamento público da Trisca, rúa do Hospitaliño e rúa Loureiros. Esta achega supón un 80% do orzamento total.
Urbanismo
Ademais, deuse conta da sinatura de dúas addendas entre o Ministerio de Vivenda, a Xunta e o Concello para dar continuidade ao acordo das Comisión Bilaterais relativas ás áreas de urbanización prioritaria do SUNP-14 de Tras Paxonal e do SUNP-11 do Castiñeiriño. En ambos casos modifícanse os importes da actuación e reaxústanse os investimentos da anualidade 2010.
No caso de Tras Paxonal, auméntase o custo global da actuación a 17.445.896 euros, correspondendo 9.029.627 euros ao concepto de solo e 8.416.268 ao de urbanización. A subvención do Ministerio increméntase en 91.800 euros, polo que achegará a cantidade total de 934.300 euros (5,36%). A subvención de Emuvissa acende en 8.937.827 euros, achegando finalmente 16.511.596 euros (94,64%).
O custo global da actuación do Castiñeiriño medra ata os 8.424.039 euros, correspondendo 4.806.352 euros ao concepto de solo e 3.617.687 ao de urbanización. A subvención do Ministerio increméntase en 47.400 euros, polo que achegará a cantidade total de 446.400 euros (5,30%). A subvención de Emuvissa sube en 4.758.952 euros, achegando finalmente 7.977.639 euros (94,70%).
A Xunta de Goberno aproba novas contratacións no marco do FES 2010 e do Urbana Santiago Norte
30/03/2010 Entre outros acordos, a Xunta de Goberno procedeu ao inicio de varios procesos de contratación en actuacións incluídas no Programa Urbana Santiago Norte e no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local e. Trátase, respectivamente, do novo centro sociocultural do Romaño e do servizo de acceso WIFI en diferentes espazos públicos.
O Goberno local iniciou o expediente para a contratación do servizo de redacción do proxecto básico e executivo e do proxecto de seguridade e saúde, dirección facultativa superior e media e coordinación de seguridade e saúde do Centro Cívico do Romaño-Vista Alegre. O tipo de licitación desta actuación, incluída no Programa Urbana Santiago Norte, quedou fixado en 83.040 euros.Por outra parte, no marco do Fondo Estatal para a Sostibilidade Local, iniciouse a contratación do servizo de acceso WIFI en espazos públicos en distintas zonas de actuación, cun tipo de licitación de 31.895 euros. Tamén incluída no FES, adxudicouse provisionalmente o contrato de dirección facultativa das obras de construción do centro sociocultural en Santa Marta por importe de 47.300 euros.