EDUCACIÓN E MOCIDADE
"O labirinto do soños" conta a historia de Ventura, un neno que nunca quería durmir porque non sabía soñar, ata que unha noite lendo un conto adormeceu e entrou no mundo dos soños. Tanto lle gustou soñar que rematou preso no labirinto dos soños.
Inspirado nunha obra multimedia titulada do mesmo xeito e publicada en CD-ROM pola editorial Grándola Nova. Esta peza é o resultado do traballo dirixido á búsqueda de novos modos de contar historias a través da música e as novas tecnoloxías. Unha montaxe do filme contido neste CD-ROM foi emitida en dúas ocasións pola TVG.
Dende o 12 ao 16 de decembro os colexios que o desexen poderán levar aos seus alumnos a que disfruten deste espectáculo interactivo dirixíndose á concellería de Educación e Mocidade mediante correo electrónico dptoeducacion@compostelacultura.org ou a través do teléfono 981-55 44 00. Representaranse dúas funcións diarias ás 10.15 e ás 12.00 horas. Os días 17 e 18 a obra representarase para o público en xeral
"O labirinto dos soños " un espectáculo audiovisual para os máis pequenos
29/11/2005 "O labirinto dos soños" é o título do espectáculo audiovisual co que dende a concellería de Educación e Mocidade se pretende atraer aos máis pequenos ao teatro. A obra poderase ver entre os día 12 e 18 de decembro no Teatro Principal.
Trátase dun musical dirixido a todos os públicos pero especialmente aos nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. É un espectáculo interactivo caracterizado pola mestura de dous elementos: a participación dun grupo musical encargado de narrar contos por medio das voces e do son e a proxección de vídeos de animación 3D. Ao longo de 50 minutos os rapaces poderán participar nunha aventura musical divertida e orixinal na que a mestura de son e imaxe busca a proximidade co espectador. Segundo explicou o director da obra " este espectáculo é o primeiro que se fai en Galicia con estas características"."O labirinto do soños" conta a historia de Ventura, un neno que nunca quería durmir porque non sabía soñar, ata que unha noite lendo un conto adormeceu e entrou no mundo dos soños. Tanto lle gustou soñar que rematou preso no labirinto dos soños.