ALCALDÍA
O irmandamento, precedido pola entrega de chave da cidade a noite anterior, lembrou os lazos históricos que une ás dúas cidades homónimas.
No acto estiveron presentes, representando á corporación municipal, a concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García Sabell, e os concelleiros Carlos Pillado (PP) e Manuel Portas (BNG). Polo Concello de Santiago de los Caballeros, entre outros, participaron a vicesíndica Petrusca Núñez e o secretario do concello, José Luís López, que deu lectura ás resolucións de Visitantes Distinguidos e á declaración de irmandamento das cidades. Asistiu ás acto monseñor Ramón Benito, arzobispo metropolitano.
Ademais de declarar a vontade de desenvolver a comprensión, o respecto mutuo e a amizade entre os dous pobos, os rexedores dos dous Santiagos coincidiron en que este irmandamento abre o camiño para os futuros intercambios culturais, sociais, económicos e turísticos.
O alcalde compostelán declarou sentirse "feliz e ilusionado" por levar a cabo este acto de irmandamento. Na súa intervención explicou as orixes da capital galega, fundada hai 1198 anos e construída arredor da tumba do apóstolo Santiago. Bugallo resaltou a gran importancia do Camiño de Santiago, que desenvolveu intercambios comerciais e culturais e que construiu un importante espazo de encontro para os peregrinos e cidadáns de toda Europa.
O mandatario compostelán formulou asimesmo o desexo de que no vindeiro Ano Xacobeo 2010 Compostela poida acoller nun encontro a todos os Santiagos do mundo, ou cando menos, aos que queiran "poñer en valor o que nos une e transmitilo". "En todos os países americanos hai polo menos unha cidade que se chama Santiago e sempre chamada a cumplir un papel esencial: defender e ser o espírito e corazón do novo territorio por onde se ía expandindo a conquista española", declarou. "Nun mundo globalizado descubrimos que nos une un nome, que compartimos as mesmas festas, pero moitas máis cousas, unha relixión maioritaria, unha cultura e o mesmo sentido da hospitalidade, entre outras".
Coa convicción de que "non hai mellor nin mayor capital ou cidade", o alcalde compostelán manifestou que, ante todo "somos cidadáns con cidades que temos historia suficiente para sentar os nosos pes no chan e mirar cara adiante con seguridade".
Ambos concellos esperan, con este compromiso, desenvolver entre as dúas localidades os principios de solidaridade e intercambio, divulgar e intercambiar información, impulsar o intercambio de visitantes, facilitar aos responsábeis municipais e examinar xuntos a xestión do patrimonio, promocionar turisticamente as dúas poboacións, garantir a participación dos cidadáns, fomentar os intercambios económicos, comerciais e tecnolóxicos e estimular o coñecemento da figura de Cristóbal Colón.
Tras o acto de irmandamento, os representantes da corporación municipal compostelá asistiron a unha presentación do Plan Estratéxico de Santiago que, segundo presentaron os técnicos do concello caribeño, comparte con Santiago de Compostela a vocación de rehabilitar o centro histórico da cidade. Logo acudiron á inauguración do Centro de Atención á Violencia Intrafamiliar, con motivo do Día das Vítimas da Violencia Doméstica e visitaron o Centro Español da cidade caribeña.
O primeiro Santiago de América
O alcalde ou síndico de Santiago de los Caballeros, José Enrique Sued, visitou Compostela no 2004, manifestando o desexo de irmandarse coa nosa cidade. O pleno celebrado o 30 de decembro no Concello de Santiago aprobou a proposta, segundo consta na acta que o certifica, cunha "cidade afín a nosoutros por lazos históricos e culturais e que encaixa dentro da prioridade" do concello de establecer irmandamentos coas cidades que leven o nome de Santiago.
Santiago de los Caballeros foi fundada en 1495 por Cristóbal Colón, constituíndose no primeiro Santiago de América en honra ao Apóstolo Santiago. A tradición conta que os primeiros poboadores foron trinte cabaleiros da Orde de Santiago o Maior, polo que en 1504 pasou a chamarse Santiago de los 30 Caballeros.
Trátase da segunda cidade en importancia da República Dominicana, cunha poboación de máis de 600.000 habitantes. É coñecida como a "Cidade corazón" polas súas importantes iniciativas no plano social, económico, político e cultural do país.
Santiago de Compostela e Santiago de los Caballeros xa son oficialmente cidades irmás
25/11/2005 Os alcaldes do primeiro Santiago do vello continente, Santiago de Compostela, do seu homónimo no Novo Mundo, Santiago de los Caballeros, na República Dominicana asinaron o 25 de novembro na segunda destas cidades a acta de irmandamento, inspirada no legado histórico de Cristóbal Colón, que fundou esta cidade dominicana en 1495 á honra do Apóstolo Santiago o Maior.
O acto oficial de irmandamento entre a capital galega e o primeiro Santiago de América, Santiago de los Caballeros, tivo lugar o venres, 25 de novembro, co asinamento do documento polos respectivos alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo e José Enrique Sued, na cidade da República Dominicana.O irmandamento, precedido pola entrega de chave da cidade a noite anterior, lembrou os lazos históricos que une ás dúas cidades homónimas.