EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Para evitar perxudicar aos afectados a Oficina do Padrón Municipal estanse a enviar cartas informando dos trámites que deben facer. Segundo manifestou a concelleira de Inmigración, Teresa Regúlez, "esta non é unha tarefa fácil porque os inmigrantes cambian con frecuencia de domicilio", polo que descoñecen esta nova obriga.
A concellería de Inmigración estima que unhas 700 persoas poden estar nesta situación.No último mes preto de 100 estranxeiros cumpriron este requisito.
Esta campaña pretende concienciar aos estranxeiros non comunitarios da importancia de estar inscritos no Padrón municipal xa que é "un requisito indispensable para obter axudas escolares ou poder participar noutras actividades"
Visita institucional aos emigrantes a Venezuela.
Coñecer a situación dos santiagueses residentes en Venezuela, era unha das prioridades da concelleira de Inmigración, Teresa Regúlez, na súa viaxe a este país realizada recentemente.
Durante a súa visita a Caracas, Maracay e Valencia a concelleira constatou que, a pesar da crise que está vivir Venezuela, os galegos residentes nestas zonas manteñen unha boa calidade de vida. Teresa Regúlez matizou que unha importante porcentaxe de galegos encóntranse en situación de "bastante precariedade".
Un 50% da colonia galega "percibe baixos ingresos, o custo da vida é elevado e atópanse en situación de indefensión en materias como a sanidade" xa que o goberno venezolano non garante un sistema público de sanidade e non poden pagar unha asistencia privada. Regúlez destacou o papel que están a desenvolver as Irmandades nas que os emigrantes galegos poden disfrutar e participar de actividades lúdicas, deportivas, de ensino e incluso reciben asistencia sanitaria.
A concelleira engadeu que a finais deste ano ou a principios do 2006 o Goberno central asinará o Plan de Salud a partires do que se creará unha fundación onde estarán representados o Estado, as Comunidades Autónomas, entidades sociais que actúan en Venezuela como a Sociedade Española de Beneficencia, a Asociación Benéfica de A Coruña e a Irmandade galega de Caracas e Valencia. Esta fundación nacerá con obxetivo de garantir a asistencia sanitaria para os españois en América Latina.
Algúns dos santiagueses visitados mostraron o seu desexo de voltar a Galicia, para o que pediron axuda á concelleira.Tamén expresaron as súas queixas pola deficiente información que reciben desde Galicia sobre axudas das que poderían disfrutar.
A Fundación de Españois no Mundo pediu axuda á concelleira para crear un rexistro que permita coñecer a situación socioeconómica dos galegos en Caracas. Para levar a cabo esta inciativa Teresa Regúlez trasladará a petición á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
Teresa Regúlez aproveitou a súa visita a Venezuela para traladarlle a algúns dirixentes as demandas da comunidade venezolana en Galicia. Os inmigrantes piden simplificar os trámites para conseguir o certificado de penais e que se solucione o pago das pensións que os venezolanos en Galicia deberan percibir, xa que en moitas ocasións estas non chegan.
Solicitan tamén que dende o seu país de orixe se lles envíe material suficiente para manter as súas raíces e "poder transmitir o cariño pola súa terra aos seus fillos ou netos", segundo explicou a concelleira. Outro dos problemas que a comunidade venezolana ten en Galicia é que o consulado se atopa en Vigo polo que reclaman que periodicamente algúns traballadores desta institución se trasladen a A Coruña para poder facer os trámites necesarios sen ter que ir á cidade olívica.
Renovación dos inmigrantes no Padrón Municipal.
23/11/2005 Os estranxeiros non comunitarios residentes en Compostela dende antes do 21 de decembro de 2003 deberán renovar a súa inscrición no Padrón municipal.
A concellería de Emigración e Inmigración desenvolverá unha campaña informativa para que os estranxeiros non comunitarios residentes en Santiago renoven a súa inscrición no Padrón municipal. A non renovación da inscrición dará lugar a baixa no Padrón.Para evitar perxudicar aos afectados a Oficina do Padrón Municipal estanse a enviar cartas informando dos trámites que deben facer. Segundo manifestou a concelleira de Inmigración, Teresa Regúlez, "esta non é unha tarefa fácil porque os inmigrantes cambian con frecuencia de domicilio", polo que descoñecen esta nova obriga.