ALCALDÍA

Inaugurado o novo centro sociocultural de Pelamios, na rúa Vista Alegre

26/02/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, inauguraron o novo centro sociocultural de Pelamios, situado na rúa Vista Alegre, 9-11.

A nova infraestrutura veciñal é froito da rehabilitación dunha casa antiga. A súa transformación en centro sociocultural supuxo un investimento por parte da Deputación da Coruña de 503.202 euros. A superficie construída alcanza os 323 metros cadrados.

Compartir: