SEGURIDADE CIDADÁ

Péchanse as instalacións deportivas e centros socioculturais por mor do temporal

26/02/2010 O Concello emitiu unha serie de avisos en atención ás recomendacións emitidas polos organismos competentes relativas ás precaucións que se deben adoptar ante a previsión dunha intensa borrasca con nivel de alerta vermella que afectará a Galicia entre as 17:00 horas do sábado 27 e as 4.00 h do domingo 28.

O Concello de Santiago de Compostela adoptará as seguintes medidas:

- As instalacións deportivas municipais permanecerán pechadas durante todo o sábado. O domingo abriranse normalmente para o desenvolvemento das actividades previstas.

- Os centros socioculturais estarán pechados na tarde do sábado.
- O servizo de préstamo de bicicletas quedará suspendido durante toda a fin de semana (desde o sábado pola mañá ao domingo pola tarde).

- Prégase a todos os cidadáns que non fagan uso dos seus vehículos a non ser que sexa estritamente necesario e que eviten circular por parques, xardíns e carballeiras debido ao perigo de caída de pólas ou outros elementos.

O Concello de Santiago de Compostela activará un dispositivo especial que estará integrado por efectivos da Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Brigada de Vías e Obras, coa colaboración das empresas concesionarias dos servizos de alumeado público, augas, limpeza, parques e xardíns, instalacións semafóricas, sinalización e servizo de grúas, e coordinado polos concelleiros de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, e de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano.

Teléfonos de utilidade:

112
Policía Local: 092 / 981542323
Bombeiros: 080 / 981542444

Compartir: