RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Posteriormente, representantes de Santiago de los Caballeros visitarán Compostela para ratificar o irmanamento entres as cidades.
O pleno celebrado o 30 de decembro no Concello de Santiago aprobou a proposta deste irmanamento, segundo consta na acta que o certifica, cunha "cidade afín a nosoutros por lazos históricos e culturais e que encaixa dentro da prioridade" do concello de establecer irmanamentos coas cidades que leven o nome de Santiago.
Ambos concellos esperan, con este compromiso, desenvolver entre as dúas localidades os principios de solidaridade e intercambio, divulgar e intercambiar información, impulsar o intercambio de visitantes, promocionar as dúas poboacións, garantir a participación dos cidadáns, fomentar os intercambios económicos, comerciais e tecnolóxicos, etcétera.
Santiago de los Caballeros foi fundada en 1495 por Cristóbal Colón, constituíndose no primeiro Santiago de América en honra ao Apóstol SAntiago. A tradición conta que os primeiros poboadores foron trinte cabaleiros da Orde de Santiago o Maior, polo que en 1504 pasou a chamarse Santiago de los Caballeros.
Trátase da segunda cidade en importancia da República Dominicana, cunha poboación de máis de 600.000 habitantes. É coñecida comoa "Cidade corazón" polas súas importantes iniciativas no plano social, económico, político e cultural do país.
Santiago de Compostela irmanarase o xoves 24 con Santiago de los Caballeros
22/11/2005 Unha delegación do concello compostelán viaxará o mércores 23 para asistir ao acto de irmanamento con Santiago de los Caballeros (República Dominicana).
Unha delegación do Concello de Santiago viaxará o 23 de novembro para asistir o día 25 ao acto institucional do irmanamento entre os dous Santiagos, o compostelán e o caribeño. Xunto ao alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, estarán os concelleiros Teresa García-Sabell (PSdeG), Carlos Pillado (PP) e Manuel Portas (BNG).Posteriormente, representantes de Santiago de los Caballeros visitarán Compostela para ratificar o irmanamento entres as cidades.