ALCALDÍA

A gañadora do Premio Casino de Santiago, Sarah Waters, recibida polo alcalde

29/01/2010 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a última gañadora do Premio Novela Europea Casino de Santiago, Sarah Waters. A escritora asinou no Libro de Honra do Ano Santo.

Sarah Waters, unha das autoras inglesas máis premiadas das últimas xeracións, recibiu o Premio Novela Europea Casino de Santiago pola súa obra A rolda nocturna. A tradución desta novela ao galego foi editada recentemente por Galaxia, no marco da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea.

A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozos que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos.

Compartir: