CONSUMO

A OMIC e o Mercado de Abastos reparten 2.000 bolsas reutilizables

28/01/2010 A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) e o Mercado de Abastos de Santiago repartiron bolsas reutilizables entre os usuarios da praza. O concelleiro de Consumo e Mercados, Andrés Fariña, participou no reparto destas bolsas de tea ecolóxicas.

O obxectivo desta campaña de reparto de bolsas reutilizables co lema "Marca diferenzas, consumo responsable" é fomentar a redución do uso de bolsas plásticas, fabricadas fundamentalmente a partir de petróleo e gas, cunha longa vida e causantes de nocivos efectos ambientais na paisaxe, no solo ou na auga.

A campaña, segundo Andrés Fariña, é tamén unha oportunidade para incentivar o consumo na Praza de Abastos, "onde os produtos son máis económicos e saudables". Repartiranse 2.000 bolsas.

Os usuarios da praza de Abastos poden recoller a súa bolsa nas oficinas e na consigna do servizo a domicilio do Mercado.

Compartir: