EDUCACIÓN
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e varios concelleiros participaron neste XI Foro de ONG, que comezou co contacontos "Mario, o paxaro solidario" e cun obradoiro de artes plásticas, xusto antes do chocolate solidario. Logo, actuación musical do Trío da Escola Municipal de Música composto por Mario Diz ao violín, Luis Rivera á guitarra e Guillermo Alzugaray ao violonchelo.
Acto institucional
Ás 13:00 horas tivo lugar un acto institucional, no que participou o alcalde. No mesmo, Branca Novoneyra leu o Manifesto pola Paz e realizouse unha solta de pombas. As actividades continuaron pola tarde con máis contacontos e obradoiros ata o peche do Foro.
As ONG participantes foron: Amigos da Terra, Asemblea de Cooperación pola Paz, Axuda en Acción, Bicis pola Paz, Cáritas, Coordinadora Galega de ONG, Cruz Vermella, Educación sen Fronteiras, Enxeñería sen Fronteiras, Farmacéuticos Mundi, Foro de Inmigración de Santiago, Fundación Rokpa, Implicadas/os no Desenvolvemento, InteRed, Intermon Oxfam, Jóvenes y Desarrollo, Manos Unidas, Médicos sen Fronteiras, Mi Perú, Panxea Asociación de Comercio Xusto, Seminario Galego de Educación para a Paz e Terra de Homes.
O Foro de ONG fixo un chamamento á solidariedade con Haití
30/01/2010 Un ano máis, a Concellería de Educación celebrou o Día Internacional pola Paz coa organización do Foro de ONG, que chegou xa á súa undécima edición. Nesta ocasión, as 23 organizacións non gobernamentais participantes centráronse especialmente en difundir as posibilidades que teñen os cidadáns para colaborar na axuda a Haití.
Nesta edición, o Foro das ONG cambiou de escenario, trasladándose a unha carpa na Praza Roxa. Alí, o sábado 30 de xaneiro, as organizacións expuxeron e deron a coñecer á cidadanía Compostela os seus materiais didácticos, proxectos, produtos de comercio xusto e outras iniciativas. Alí tamén comunicaron a todos os números de conta bancaria a través dos cales se pode colaborar solidariamente coas ONG no labor que realizan nestes intres para a recuperación de Haití.O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e varios concelleiros participaron neste XI Foro de ONG, que comezou co contacontos "Mario, o paxaro solidario" e cun obradoiro de artes plásticas, xusto antes do chocolate solidario. Logo, actuación musical do Trío da Escola Municipal de Música composto por Mario Diz ao violín, Luis Rivera á guitarra e Guillermo Alzugaray ao violonchelo.