FESTAS
Cando cheguen as 24:00 horas, os que se atopen na Quintana poderán escoitar dende alí as badaladas da Torre da Berenguela. O inicio do novo ano virá acompañado dun espectáculo de fogos de artificio e multimedia, do que se encargará Ricardo Caballer e Visual Producciones.
Logo a festa seguirá na praza do Obradoiro co baile de fin de ano. Alí, a Orquestra Panorama situará o seu espectacular escenario para amenizar as primeiras horas do Ano Xacobeo.
Cotillón, fogos artificiais e baile coa Orquestra Panorama para recibir o 2010
29/12/2009 A Concellería de Festas preparou un animado programa para celebrar o fin do ano 2009 e dar a benvida ao 2010. Haberá reparto de bolsas de cotillón na Quintana -dende onde se poderán escoltar as badaladas da Berenguela-, fogos de artificio e un multitudinario baile na praza do Obradoiro.
A partir das 23:00 horas, os que se acheguen ata a praza da Quintana recibirán as súas uvas e a bolsa de cotillón para dar a benvida ao 2010. Todos estes prolegómenos acompañados de animación de rúa.Cando cheguen as 24:00 horas, os que se atopen na Quintana poderán escoitar dende alí as badaladas da Torre da Berenguela. O inicio do novo ano virá acompañado dun espectáculo de fogos de artificio e multimedia, do que se encargará Ricardo Caballer e Visual Producciones.
Logo a festa seguirá na praza do Obradoiro co baile de fin de ano. Alí, a Orquestra Panorama situará o seu espectacular escenario para amenizar as primeiras horas do Ano Xacobeo.