CULTURA
A concelleira de Cultura presentou a Le Guillerm como "o fundador do Cirque Ici, creador, equilibrista, fabricante e manipulador de obxectos". O propio artista explicou algunhas das características dun espectáculo no que actúa el en escena asistido por nove persoas. "Secret forma parte da tetraloxía "Atraccións", un observatorio arredor do punto, do mínimo como base para entender o mundo", sinalou o artista. "O espectáculo xira sobre o circo como o entendo eu: un espazo no que non se pode agochar nada, un espazo para prácticas minoritarias que están fóra da natureza do ser humano, pero que este é capaz de realizar se aplica".
Le Guillerm asegurou que "é complicado falar do espectáculo, porque o que hai dentro da carpa é difícil de atopar incluso no circo tradicional". O que busca o artista é "provocar un caos mental no espectador, crearlle perturbacións, aínda que sexan ínfimas". Secret é o resultado dunha volta ao mundo e dous anos e medio de experimentación sobre as nocións de equilibrio, de forma e de punto de vista.
Música culta, Todo Lírica e Sons da Diversidade
A programación do mes está chea de momentos de especial interese, sobre todo no que se refire ás propostas de música culta. O 5 de xaneiro celebrarase no Auditorio de Galicia o Concerto de Reis, non que a Real Filharmonía de Galicia estará dirixida por Paul Daniel e contará co contratenor Yuriy Minenko. A programación incluirá obras de Walton, Rossini, Mozart e Strauss.
Ao longo do mes haberá outras tres actuacións da RFG. O día 14, coa dirección de Manuel Hernández Silva e con Luis Julio Toro á frauta, ofrecerá un programa con obras de Tchaikovsky, Groba e Mozart. O 21 o director será Maximino Zumalave e o violinista Benjamin Schmid, para interpretar obras de García López Picos, Korngold e Dvorák. Xa o 28, Christoph Köning dirixe a Filharmonía con Alban Gerhardt ao violoncello para interpretar a Shostakovich e Dvorák.
Este mes tamén conclúe a programación do ciclo Todo Lírica cos concertos o luns 4 da soprano Isabel Monar e o grupo Ars Atlántica, e o 7 coa mezzosoprano Vivica Giraux acompañada do pianista Carlos de Aragón. Ao día seguinte arranca unha nova edición do ciclo de piano Ángel Brage, que se abre co prestixioso pianista polaco Krystian Zimerman.
Ademais das súas habituais actuacións dominicais, a Banda Municipal de Música pon en marcha o 14 e 21 de xaneiro unha nova iniciativa: ensaios abertos ao público. Os días 28 e 29 ofrecerá tamén dous concertos didácticos, que contan xa cunha importante inscrición de rapaces, ao igual que no concerto didáctico do grupo Ultreia o venres 22, no que participará un milleiro de escolares.
En xaneiro continúa o ciclo de Sons da Diversidade. O sábado 23 no Auditorio de Galicia, o trío galego de jazz Sumrrá presenta o seu novo traballo: 4.0. A concelleira de Cultura salientou que o grupo formado por Xacobe Martínez Antelo, Manuel Gutiérrez e LAR Legido "presenta unha proposta artística que parte do jazz europeo de vangarda e toma elementos do pop, o rock ou o folk, para poñelos ao servizo da improvisación e do xogo". No seu cuarto disco, "Sumrrá supera os límites do jazz e establece unha comunicación directa co espectador".
Teatro e cinema
Entre o resto da programación do mes, Socorro García Conde salientou tamén as obras de teatro De cerca nadie es normal, os días 21 e 22 no Teatro Principal, e a nova montaxe de Matarile Teatro, Cerrado por aburrimiento, no mesmo escenario os días 29 e 30.
O guionista Rafael Azcona será o protagonista dun ciclo de cine organizado en colaboración co profesor Ángel Hueso e coa Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Do 11 ao 15 de xaneiro proxectaranse os filmes Os xirasois cegos, A gran comilona, O bosque animado, A lingua das bolboretas e O verdugo, todas elas escritas por Azcona. Na primeira das proxeccións, o luns 11, participará o director do filme, José Luis Cuerda.
O espectáculo de Cirque Ici abre a programación cultural de xaneiro
29/12/2009 "Un espectáculo de circo poboado de máquinas e de buscas sobre o movemento, sen feras nin animais, destinado a todo tipo de público maior de 10 anos". Así describiu a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, o espectáculo de Cirque Ici, unha das propostas máis singulares da programación cultural de Santiago de Compostela para abrir o ano.
Secret, de Cirque Ici, estará en Santiago os días 3 e 4 de xaneiro ás 19:00 horas, os días 6 e 7 ás 21:00 horas e os días 9 e 10 de novo ás 19:00 horas, nunha carpa instalada na praza da Música en Compostela, no exterior do Auditorio de Galicia. Alí o público poderá gozar dun espectáculo que se poderá ver en moi poucas cidades na península. O aforo é limitado, e as entradas xa están á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia.A concelleira de Cultura presentou a Le Guillerm como "o fundador do Cirque Ici, creador, equilibrista, fabricante e manipulador de obxectos". O propio artista explicou algunhas das características dun espectáculo no que actúa el en escena asistido por nove persoas. "Secret forma parte da tetraloxía "Atraccións", un observatorio arredor do punto, do mínimo como base para entender o mundo", sinalou o artista. "O espectáculo xira sobre o circo como o entendo eu: un espazo no que non se pode agochar nada, un espazo para prácticas minoritarias que están fóra da natureza do ser humano, pero que este é capaz de realizar se aplica".