ALCALDÍA

Nace un novo centro de creación e experimentación artística

27/11/2009 A cidade conta cun novo espazo expositivo e de creación artística, a Factoría Compostela, situada na rúa da Conga 9. A peculiaridade desta Factoría, nacida da galería C5 Colección, é que conta tamén cunha sede na Habana (Cuba).

A galería de arte Factoría Compostela foi inaugurada polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Para unhas horas despois estaba tamén prevista a apertura da súa primeira exposición, titulada Que o que fai aos espellismos de hoxe tan diferentes, tan atractivos?.

Este complexo, que contará cun espazo expositivo de 1.250 metros cadrados, pretende ser máis que unha galería. Así, nace coma un laboratorio de ideas, transversal e multidisciplinar, que quere implicar uns 30 artistas por ano e que contará con área de residencia. O primeiro residente será o cineasta Oliver Laxe.

Compartir: