ALCALDÍA
No mesmo artigo dise que "tras tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias dunha terceira chamada, o presidente ou presidenta poderá ordenarlle que abandone o Pleno, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión". "Isto foi exactamente o que sucedeu", afirmou o alcalde. Por iso, considerou a actuación do PP no Pleno como "premeditada e alevosa". "Víase vir, porque levan moito tempo interrompendo os plenos por asuntos de orde ficticios, engadiu.
Erro material e non manipulación
Sobre o erro nun número do rexistro de entrada da solicitude de comparecencia do concelleiro de Turismo Xosé Manuel Iglesias, reiterou que "en ningún caso existiu manipulación" e que se tratou unicamente dun "erro material", como se pode extraer dos xustificantes electrónicos do Rexistro, que tamén amosou na rolda de prensa.
Igualmente, achegou Sánchez Bugallo as solicitudes do PP ao secretario xeral do Concello respecto do asento no rexistro da solicitude de comparecencia de Iglesias. Nas mesmas, indicou "pode comprobarse que pediron esa información ás 12:45 horas do mércores 25, cando xa deran a rolda de prensa ás 11:00 horas, antes de preguntar". Ante isto, denunciou "unha montaxe por persoas que non teñen razón algunha e coñecedores de que non a teñen".
Recordou tamén que o PP dispuxera da certificación do secretario xeral do Pleno aclaratoria respecto aos asentos no Rexistro "máis de 24 horas antes do Pleno". Malia isto e do requirimento do propio alcalde para que o concelleiro Ángel Espadas retirara as súas acusacións de falsidade en documento público, este reiterouse na acusación, manifestou Sánchez Bugallo. "Sabendo que mentía, imputou un delito, e iso é un delito", apuntou. Á vista disto, iniciouse o procedemento xudicial na mañá deste venres, que comezará cun acto de conciliación "no que lle pediremos que rectifique e pida desculpas. A partir de aí, derivaranse as correspondentes accións legais e será a xustiza a que determinará a súa responsabilidade".
O alcalde afirma ter actuado no Pleno cumprindo estritamente o seu regulamento
27/11/2009 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou en rolda de prensa todo o relativo ao Pleno municipal desenvolvido na xornada anterior. Nel, o voceiro do Partido Popular, Gerardo Conde Roa, foi expulsado, e o resto do grupo popular abandonou a continuación o Pleno.
Sánchez Bugallo remitiuse ao artigo 67 do regulamento do Pleno, que se refire ás cuestións de orde. No mesmo dise que, cando se susciten, "o presidente ou presidenta resolverá o que proceda, sen que por este motivo poida suscitarse ningún debate". Á vista disto, aludiu tamén a que o artigo 69, sobre chamada á orde, di que o presidente poderá chamar á orde a calquera membro da corporación que "pretenda facer uso da palabra sen que se lle fose concedida ou unha vez que lle fose retirada".No mesmo artigo dise que "tras tres chamadas á orde na mesma sesión, con advertencia na segunda das consecuencias dunha terceira chamada, o presidente ou presidenta poderá ordenarlle que abandone o Pleno, adoptando as medidas que considere oportunas para facer efectiva a expulsión". "Isto foi exactamente o que sucedeu", afirmou o alcalde. Por iso, considerou a actuación do PP no Pleno como "premeditada e alevosa". "Víase vir, porque levan moito tempo interrompendo os plenos por asuntos de orde ficticios, engadiu.