XUNTA DE GOBERNO
Este ano incorpóranse cinco novas rúas ao alumeado: Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas, Montero Ríos, Casa da Troia e Porta da Pena. Así, a montaxe deste ano iluminará 30 rúas e prazas do Casco Histórico e outras 19 do Ensanche. Para potenciar o aforro enerxético, optarase preferentemente por luces tipo led e as cores dominantes serán o branco e o azul.
Medio Ambiente
Outro acordo da Xunta de Goberno foi o relativo a un novo prego e a unha nova licitación para a execución do edificio de servizos previsto no parque Eugenio Granell, no Paxonal. Fíxase un tipo de licitación de 214.435 euros máis IVE.
O Consorcio de Santiago financiará esta obra, que consistirá nun edificio cun único volume simple de xeometría ortogonal con cuberta plana axardinada, pechada nunha parte con paneis de madeira e noutra con vidro. A edificación construirase fundamentalmente en madeira e por motivos de seguridade levará cerramento metálico nocturno.
A superficie construída total será de 234 metros cadrados, dos cales 60 son de terraza cuberta e 70 de espazo interior. O resto corresponde á terraza perimetral.
Mobilidade e Circulación Viaria
Por outra parte, aprobouse a solicitude dunha subvención ao Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a elaboración do Plan de Mobilidade Sustentable do Concello. Tamén a esta entidade solicítaselle outra axuda para lámpadas de leds en semáforos.
Deportes
En materia de Deportes, aprobouse o listado de beneficiarios das subvencións de escolas deportivas 2009. Serán 9 as entidades que se repartirán un total de 11.007 euros.
Adxudicada a instalación do alumeado de Nadal nas rúas compostelás
27/11/2009 Nunha sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno adxudicou provisionalmente o contrato de arrendamento de equipos de iluminación para o Nadal e a súa instalación, por un total de 104.000 euros. Entre outros asuntos, abriuse un novo proceso de licitación da execución do edificio de servizos no parque Granell.
A adxudicación da instalación da iluminación de Nadal realizouse por dous lotes: un de 50.000 euros e outro de 54.000. O alumeado destas festas acenderase o 11 de decembro. O horario diario de funcionamento será dende as 18:00 horas ata as 2:00 horas da madrugada agás os días 24, 25 e 31 de decembro e 5 de xaneiro, nos que a iluminación permanecerá acesa ata o amencer.Este ano incorpóranse cinco novas rúas ao alumeado: Xeneral Pardiñas, Alfredo Brañas, Montero Ríos, Casa da Troia e Porta da Pena. Así, a montaxe deste ano iluminará 30 rúas e prazas do Casco Histórico e outras 19 do Ensanche. Para potenciar o aforro enerxético, optarase preferentemente por luces tipo led e as cores dominantes serán o branco e o azul.